Fernando González Suárez


Categoría: Político e profesor
Data de Nacemento: 19 de Novembro de 1928
Lugar de Nacemento: Ourense
 Currículum

-Licenciado en Ciencias Químicas. Catedrático de Física e Química por oposición, quenda libre, en Situación de Xubilado. Máis de 35 anos dedicado á docencia en Institutos de Bacharelato, tendo sido Secretario, Xefe de Estudios e Vicedirector nos de Mérida, Ponferrada, Astorga e "Otero Pedrayo" de Ourense. -Membro do Grupo "Francisco de Moure" da Arte Ourensán. Autor de máis de trinta traballos de investigación sobre temas de arte galega e de heráldica. Autor do Escudo Municipal de 14 Concellos da provincia de Ourense. -Concelleiro do Municipio de Ourense, Teniente-Alcalde, e Alcalde en funcións. Delegado Provincial da Consellería de Educación de Ourense, actualmente membro da Executiva Provincial do Partido Popular de Ourense. -Deputado do Parlamento de Galicia durante a II, III e IV Lexislaturas. Portavoz Suplente do Grupo Parlamentario Popular ó longo das mesmas. Presidente da "Comisión Especial de Seguimento do Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia". -Secretario da Mesa do Parlamento de Galicia durante un ano na IV Lexislatura. -Relator da Lei do Patrimonio Cultural de Galicia e da Lei de protección contra a Contaminación Acústica; -Relator da Proposición de lei ante o Congreso dos Deputados sobre o cambio de denominación das provincias da Coruña e Ourense. - Na V Lexislatura, foi Director do Gabinete da Presidencia do Parlamento.

 Obras realizadas

Ten publicados traballos en: -Revista "Porta da Aira" de Arte Ourensá do Grupo "Francisco de Moure". -Revista de Estudios de Seminario "Fontán-Sarmiento" de Haxiografía, Toponimia e Onomástica de Galicia. -Actas do Congreso Internacional sobre San Bernardo e o Císter en Galicia e Portugal. - Revista "Abrente" da Real Academia de Belas Artes "Nª Sª do Rosario da Coruña" -Boletín Auriense -Revista publicada pola Universidade de Santiago de Compostela e a Deputación Provincial de Ourense. "En torno al arte auriense" homenaxe a D. Xosé González Paz. Ourense, 1990. - "Revista de la comisión gallega del Quinto Centenario". "Algunos aspectos iconográficos ourensanos en relación con América". A Coruña, 1988. Publicou o libro: El Arte en las labras heráldicas del Ribeiro, en colaboración con Xosé González Paz. Imprenta "La Región". Ourense, 1995.