Gonzalo Pérez Rielo


Pseudónimo:Rielo
Categoría: Pintor
Data de Nacemento: 7 de xuño de 1924 (†22 de outubro de 2000)
Lugar de Nacemento: Lugo

   Cultura
 Currículum

Fillo dun funcionario de telégrafos, debido ós desprazamentos laborais do seu pai, viviu na Fonsagrada e Foz, aínda que finalmente retornaría á capitalidade da provincia lucense. Realizou estudios na Escola de Maestría Industrial de Lugo, acadando o título de montador electricista. Este feito propiciou que moi pronto fose empregado como mecánico electricista na R.T.R., unha fábrica de reactancias para neóns ubicada preto da estación de R.E.N.F.E., onde ó pouco tempo é nomeado encargado dunha nave de rebobinado emprazada na Escalinata da Estación. A PINTURA Xusto nesta época, aínda que cunha vocación tardía, sente unha forte atracción pola arte, sobre todo pola pintura e pola música. Daquela compaxinaba o seu traballo na factoría coa pintura, un pluriemprego necesario, que lle servía de “complemento” para poder atende-las necesidades da súa familia numerosa. Despois de 1982 vólcase totalmente á pintura, o que o leva a facer tódalas exposicións reflectidas no seu currículo. A MÚSICA A súa faceta musical, aínda que moi pouco coñecida, lévao a tocar instrumentos como o acordeón ou o teclado aínda que dun xeito íntimo e privado.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS:

1954. Exma. Deputación Provincial de Lugo.

1959. Círculo das Artes de Lugo. Exposición de óleos e cerámica decorada (colectiva).

1960. Círculo das Artes. Lugo.

1976. Concello da Coruña.

1976. Liceo. Ourense.

1976. Caja de Ahorros de Asturias. Oviedo.

1977. Liceo. Ourense.

1977. Caja de Ahorros de Asturias. Avilés.

1977. Concello. A Coruña.

1977. Banco Gallego. Lugo.

1978. Caja de Ahorros de Asturias. Gijón.

1978. Caja de Ahorros. Santiago de Compostela.

1978. Caja de Ahorros de Asturias. Mieres.

1978. Caja de Ahorros de Galicia. A Coruña.

1978. Centro Cultural, Begonte (Lugo).

1979. Banco de Bilbao. Ponferrada.

1979. Cultura. León.

1979. Banco de Bilbao. Oviedo.

1979. Caja de Ahorros y Monte de Piedad. Segovia.

1979. Banco de Bilbao. Ferrol.

1979. Caja de Ahorros. Vigo.

1979. Banco de Crédito e Inversiones. Lugo.

1979. Centro Cultural, Begonte (Lugo).

1980. Caja de Ahorros. Santiago.

1980. Delegación de Cultura. Pontevedra.

1980. Casa de la Cultura. León.

1980. Casa de la Cultura. Burgos.

1980. Casa de la Cultura. Soria.

1980. Centro Cultural, Begonte (Lugo).

1981. Casa de la Cultura. Ourense.

1981. Caja de Ahorros de Asturias. Avilés.

1981. Sala de arte C. de Diego. Oviedo.

1981. Sala de Turismo. Santander.

1981. Centro Cultural, Begonte (Lugo).

1982. Casino. Viveiro.

1982. Caja de Ahorros de Galicia. Burela.

1982. Turismo. Ribadeo.

1982. O Feitizo. Foz.

1982. Caja de ahorros de Asturias. Avilés.

1982. Centro Cultural, Begonte (Lugo).

1983. Liceo Marítimo. Vilagarcía de Arousa.

1983. Caixa de Aforros de Galicia. Santiago.

1983. Compañía de María. Santiago.

1983. Banco Gallego. Lugo.

1983. Círculo Mercantil e Industrial. Ribeira.

1983. Banco de Bilbao. Oviedo.

1983. Nova Rúa. Lugo.

1983. Centro Cultural, Begonte (Lugo).

1984. Caja de Ahorros de Galicia. Monforte.

1984. Nova Rúa. Lugo.

1984. Colectiva. A Coruña.

1984. Colectiva. Lugo.

1984. Casino. Avilés.

1984. Centro Cultural, Begonte (Lugo).

1985. Caja Postal. A Coruña.

1985. Nova Rúa. Lugo.

1985. Centro Cultural, Begonte (Lugo).

1986. Casino. Avilés.

1993. Banco Gallego (Lugo).

1994. Alcalá de Henares.

1995. Banco Galego. Lugo.

1995. Hotel Méndez Núñez (Colectiva). Lugo.

2000. Edificio Administrativo (Colectiva). Lugo.

 Outros datos de interese

PREMIOS:

1958. 3º Premio na Exposición Provincial Sindical.

1959. 2º Premio na Exposición Provincial Sindical.

1959. Accésit no Certame Provincial de Artesanía.