O amor pola música fai que entre na comunicación a través da radio nos anos 80, nas emisoras de A3 e Radio 80 na Coruña e como crítico musical na Voz de Galicia. Un par de anos máis tarde traballa en Radio Minuto Coruña e posteriormente na emisora de Lugo. A finais dos anos 80 ingresa en Radio Lugo, encabezando a nómina de locutores musicais de Radio Lugo FM. En 1992 imparte o obradoiro de radio no Concello de Sada, que tiña como misión formar ós alumnos da radio municipal deste municipio. Nese mesmo ano trasládase a Vilalba para continuar coa súa profesión radiofónica xa nas filas de Radio Principal ata 2003, no que é condutor de múltiples programas, sendo o último ‘Hoy por hoy’ (local). En 2002 inicia unha carreira empresarial ligada ó mundo da comunicación, creando a súa propia axencia de publicidade e comunicación, na que comercializa e realiza radio para distintas emisoras de Galicia. Un ano máis tarde é o impulsor e editor do Terra Chá.Xa, un xornal gratuíto, mensual e comarcal que ten unha gran acollida na comarca da Terra Cha.
Actualmente amplía a súa formación no ámbito da empresa cun Máster en Marketing e Dirección de Empresas pola Universidade Europea de Madrid.