Xavier Galiza


Categoría: Pintor
Data de Nacemento: En 1943
Lugar de Nacemento: Ourense
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Web de Xavier Galiza
 Currículum

 
Artista nado en Ourense en 1943, destaca na súa obra principalmente o dominio da cor e a luz na díficil técnica da acuarela.
Non obstante, comeza o seu labor profesional no mundo da fotografía, actividade que xa alterna coa pintura. Colaborador gráfico de diversos xornais galegos neste período destacou polo estudo monográfico “El Arte Prerrománico en Galicia” presentado en 1973 no Museo Arqueolóxico de Ourense. A exposición, considerada o traballo máis importante sobre o tema, obtén un grande recoñecemento percorrendo Galicia, varias provincias españolas, e finalizando coa súa presentación en Madrid.
 
Tras estes inicios na fotografía métese de cheo no mundo da pintura ata a actualidade, destacando especialmente na técnica da acuarela paisaxística pero mostrando tamén outras facetas en conceptos artísticos máis abstractos.
 
 
Exposicións
 
Nos seus máis de 35 anos de experiencia no mundo da pintura, Xavier Galiza expuxo a súa obra en infinidade de salas ao longo do mundo. Entre as exposicións máis destacadas podemos enumerar as seguintes:
 
Museo Arqueolóxico (OURENSE).
Museo de Educación e Ciencia (LUGO).
Caixa de Aforros Provincial (PONTEVEDRA).
Casa de Cultura (ZAMORA).
Caja de Ahorros Popular (VALLADOLID).
Galería de Arte Souto (OURENSE).
Club Naútico de Salinas (OVIEDO).
Casa da Cultura de BOIRO (A CORUÑA).
Galería Guiannini (A CORUÑA).
Galería Altstadt (BERNA).
Galerie Shytese (PARÍS).
Centro Galego de Caracas (VENEZUELA).
Galería Clío (ALACANTE).
Club Tenis de Avilés (ASTURIAS).
Exposición Hermanamiento Loriert VIGO (FRANCIA).
Galerie Shesliper (BRUXELAS).
Galerie Gianora (LYON).
Galería Estudo 34 (OURENSE).
Galería de Arte Greco (MADRID).
Galerie Florimont (LAUSANNE).
Galería de Arte Amaga (AVILÉS).
Galería Bisel (ALACANTE).
Galerie Picar, AREZZO (ITALIA).
Sala Braulio (CASTELLÓN).
Galería L’Artística (GIRONA).
Galería de Arte Gaudí (MADRID).
Galería Sorolla (ELCHE).
Galería do Casino (FIGUEIRA DA FOZ).
Galería Os Clérigos (PORTO).
Galería de Arte Europea (LISBOA).
Galeria de Arte Antiqua (PORTO).
Quadrología LOURES (LISBOA).
Galería de Arte Grade (AVEIRO).
Galería de Arte Século XIX (LEIRÍA).
Galería Moura (GUIMARAES).
Galería Aguarela (BRAGA).