Enrique Míguez Gómez


Categoría: Piragüista
Data de Nacemento: 14 de marzo de 1966
Lugar de Nacemento: Tui (Pontevedra)
Teléfono: 607752223
 Currículum

En 1982 entrou a formar parte do equipo nacional júnior de piragüismo, no que estivo ata 1994. Participou en 8 campionatos do mundo, nos Xogos Olímpicos de Los Angeles (1984), Seúl (1988) e Barcelona (1992) e en dous Xogos do Mediterráneo. Nos campionatos do mundo nos que participou, ocupou postos desde o 4º ata o 12º. Conseguiu numerosas medallas en probas internacionais. Nos Xogos Olímpicos de Los Angeles (1984) conseguiu a medalla de bronce (C-2 500 m) e foi sexto en 1000 m. En Seúl (1988) e en Barcelona (1992) foi semifinalista. Nos Xogos do Mediterráneo de Atenas conseguiu a medalla de prata en C-2 500 e nos de París o ouro en C-1 1000 e a prata en C-1 500. Posúe 22 títulos nacionais e 10 galegos.

 Outros datos de interese

É un dos cinco galegos que actualmente posúe unha medalla olímpica.