Xoán Bernárdez Vilar


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 5 de abril de 1936
Lugar de Nacemento: Marín (Pontevedra)

Opinión

Biblioteca Virtual GD
 Currículum

Estudiou Bacharelato en Vigo, Maxisterio en Pontevedra e a licenciatura e o doutoramento en Xeografía e Historia na Universidade de Vigo, Campus de Ourense. Traballou durante 40 anos en Caixavigo. Dirixiu o semanario "Galicia Social" (1964-67), a revista "Latexo" de Caixavigo (1966-70 e 1993-97) e fixo uns 800 programas de radio coa Historia de Galicia: "La Voz de Vigo" (1965-75) e "Radio Ecca" (anos 80).

 Obras realizadas

Ademais de varios contos e colaboracións en revistas, publicou algúns libros e traballos. Toda a súa narrativa é de corte histórico, conseguindo gran cantidade de premios literarios, destacando: Un home de Vilameán. Anatomía da Revolución Irmandiña (1975); !Ouveade, naves de Tarish¡ (1983); No ano do Cometa (1986); !Xerusalén, Xerusalén (1992); Big-Bang (1993) e A Saga da illa sen noite (2001). No eido da investigación escribiu: Pescudas nas orixes do mito de Tristán e Iseu (1986); Galicia no século VI a.C. (1990); Exipto, a viaxe perdida de Egeria (1990); O incógnito monte Zephiro da "Ora Marítima" (1991); A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe a Tila (1992); El Guerrero del Antifaz: Aproximación espacio-temporal (1998); A Xeografía do mito de Tristán e Iseu (2000); Antes da invención de América. Navegacións precolombinas do século XV (2001) e Vidas paralelas: Alexandre-Augusto (2001). Ten impartido conferencias sobre literatura en Galicia e en Londres.

 Outros datos de interese

Entre os principais premios que conseguiu, destacan: "Padroado da Cultura Galega" (Montevideo); "Galicia" de Investigación (Universidade de Santiago de Compostela; "Casa Galicia" de León; "Premio Xerais" de narrativa; "Taboada Chivite" de Investigación (Concello de Verín); "Concello de Vilalba" de narrativa, en dúas ocasións e "Premio de Teatro" da Universidade de Vigo. Viaxou por 28 países e posúe unha biblioteca de case 8000 libros e 15000 cómics.