Xosé Val Díaz


Pseudónimo:Valdi
Categoría: Escultor
Data de Nacemento: 18 de abril de 1947
Lugar de Nacemento: Montecubeiro, Castroverde (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Afincado en Sada desde o ano 2002, iníciase na escultura de forma autodidacta influenciado pola obra de Suso de Marcos, escultor nado en Boimorto e afincado en Málaga.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS E TALLERES

2001-2004. Participación con exposición e obradoiro de talla nas “Romarías do Lecer”, organizadas pola Asociación Xacarandaina e celebradas anualmente no parque de Santa Margarita (A Coruña).

2001. Exposición de escultura na Escola-Museo de Pardiñas, dentro do “XXII Festival de Pardiñas” organizado pola Asociación Cultural Xermolos. Pardiñas, Guitiriz (Lugo).

2001 en diante. Participación con exposición e obradoiro de talla na “VIII Mostra de Artesanía e Instrumentos”, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos dentro do Festival de Pardiñas.

2002. Exposición de escultura no Concello de Sobrado dos Monxes (A Coruña). 2003. Exposición de escultura no local da Asociación de Mulleres Rurais de Teixeiro (A Coruña).

2004. Exposición de escultura na Casa da Cultura Pintor Llorens de Sada (A Coruña).

2005. Exposición de escultura no Colexio Armando Cotarelo Valledor, Boimorto (A Coruña).

Participación con obradoiro de talla en madeira en varias edicións da “Mostra de Artesanía no Camiño” celebradas no concello de Arzúa (A Coruña).

2007. Exposición de escultura e coloquio cos alumnos do C.E.I. P. Tarrío, Culleredo (A Coruña). 2008. Exposición de escultura na Casa da Cultura Pintor Llorens, Sada (A Coruña).

 

OBRAS:

“Amigo”, “Pecio”, “Carcabeiro”, baixo relieve do cartel para o “1º Festival de Gaites da Vila de Candás” (Asturias), “Deportista”, “Dona”, escudo da Banda de Gaitas de Candás (Asturias), “Galegas”, “Lar”, “Mestre”, “O Laranxo” (reprodución da pintura de Laxeiro), “Rapa das Bestas”, “Retrato 1”, “Retrato 2”, “Retrato Mixto”, “Rompeolas”, “Ruanda”, “Sarita”, “Sumo Pracer”, “Tecedora”, “Trisquel en Madeira”, “Trisquel en Pedra”, “Xermolo da Gaita”, “A Morte de Man”, “Serpe en Do”, “Xermolo da Vida”, “Manuel María Poeta Chairego”, “Enfite”, monolito na Honra dos Represaliados en 1936 en Sada (A Coruña) e monolito na Honra de Camilo Díaz Valiño e Sixto Aguirre Guarín.