Enrique Liste Forján


Pseudónimo:Líster
Categoría: Político
Data de Nacemento: 21 de abril de 1907 (†8 de decembro de 1994)
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela
 Currículum

Ós 11 anos emigra co seu pai a Cuba, onde xa estaban os seus irmáns. Cando tiña 14 anos deteno a Policía (por entregar un paquete que contiña unha bomba) e é condenado no reformatorio de menores de Guanajay. En 1924 foi nomeado delegado sindical da Unión de Canteiros e en 1927 ingresou no Partido Comunista. A causa da súa militancia comunista foi detido en varias ocasións e condenado a prisión. Na Guerra Civil participa activamente en tódalas grandes batallas. É ascendido a tenente coronel no exército republicano e acaba entregando as armas en Francia. En 1939 comeza o seu exilio, que o levará a Rusia, onde participa na Guerra Mundial, Francia, Checoslovaquia e outra vez a Francia, onde fixará a súa residencia.

 Obras realizadas

Publicou dous libros: Nuestra Guerra e ¡Basta!.