Enrique López Galuá


Categoría: Prelado doméstico
Data de Nacemento: 18 de xaneiro de 1888 (†23 de xaneiro de 1977)
Lugar de Nacemento: Moldes - Melide (A Coruña)
 Currículum

Despois de cursar os Estudos Eclesiásticos (Humanidades, Filosofía e Teoloxía), López Galuá foi ordenado sacerdote en Mondoñedo o 15 de marzo de 1911. A maior parte da súa actividade pastoral desenvolveuna como Arcipreste - Párroco de Ribadeo.
 
 

 Obras realizadas

É autor de “Futura grandeza de España, según notables profecías” (editado en 1939 por Moret na Coruña; a obra tivo outras dúas edicións, en 1941 e 1943) e “Buscando a Dios” (editado tamén por Moret na Coruña en 1949).

 Outros datos de interese

O Papa Juan XXIII concedeulle o título de Monseñor e nomeouno prelado doméstico, así como Camareiro Secreto Supernumerario da Súa Santidade.