Encarna Otero Cepeda


Categoría: Política
Data de Nacemento: 29 de xullo de 1950
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Entre os anos 1971-1976 reside en Francia na vila de Toulousse, onde fai a especialidade de Historia na Universidade de Toulouse-Le Mirail, obtendo o título de licenciada en 1975. No ano 1978 supera os exames de oposición a agregados de Xeografía e Historia, pasando a exerce-la docencia no I.B."Eduardo Pondal" en Santiago. A partir do ano 1986 forma parte do "Seminario Permanente de Historia de COU" que, baixo a coordinación do profesor Ramón Villares Paz, elaborou un libro de texto de Historia do Mundo Contemporáneo publicada pola Editorial Galaxia-SM en setembro de 1986. Este mesmo seminario no ano 87 sacou do prelo unha "Guía de Historia do Mundo Contemporáneo" publicado pola Universidade de Santiago. Tamén, colaborou nun libro de texto de sociais para 4º de ESO editado por A Nosa Terra. Colaborou e colabora en diferentes publicacións galegas como "A Nosa Terra", "O Ensino", "Andaina", "Festa da Palabra Silenciada" con diversos artigos sobre a muller na historia.

 Obras realizadas

ACTIVIDADE POLÍTICA:

Desde o ano 1970 milita activamente no nacionalismo. Entre 1971 e 1976, na súa etapa de Toulousse (Francia), participa no movemento antifranquista e coñece directamente a realidade no exilio. No 1982 -recen creado o Bloque Nacionalista Galego- forma parte do seu Consello Nacional, ademais de ser membro da Permanente en calidade de responsable de Prensa e de Relaciones Exteriores. Participa como observadora na comisión intergrupos que funciona no Parlamento Europeo e no grupo parlamentario europeo da "Europa dos Povos". Formou parte da comisión política do BNG que elaborou, xunto co PNV e CiU as declaracións de Barcelona, Gasteiz e Santiago e forma parte do grupo de traballo, emanante destas comisións sobre a política europea. Desde o ano 1991, tralas Eleccións Municipais, é concelleira do BNG na Corporación Municipal de Santiago de Compostela e portavoz municipal deste grupo. En 1999 chegou a ser 1ª Tenente de Alcalde e Concelleira-Delegada de Conservación e Rehabilitación do Casco Histórico, de relacións co Consorcio da Cidade de Santiago e de Muller.
Entre 2005 e 2009 foi directora xeral de fomento e calidade da vivenda na Consellería de Vivenda.
Desde o ano 2004 é membro da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega.
Publicou dous libros de contos en Galaxia en colaboración coa ilustradora Elisa Gallego Picard, titulados "A serea do mundo" e "O
blanco país sen neve".
En decembro de 2013 foi presentado un documental feito en colaboración co Consello da Cultura Galega sobre as mulleres que traballaron no wolframio, titulado "A luz do negro".

 Outros datos de interese

No ano 2003 concedéuselle o premio