Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Bilbao (sección Económicas e Comerciais). Ademais, é presidente do Consello de Administración de Pérez Rumbao, S.A., de Unvi, S.A. e de Autopark Ibérica, S.A.
Pérez Rumbao, S.A. é a matriz dun grupo de dezanove empresas que operan no ramo da automoción como concesionarios de turismos, vehículos industriais e pasaxeiros e na actividade industrial como carroceiros para vehículos de pasaxeiros. Actúa tamén en actividades de distribución de productos derivados d petróleo. A empresa conta con setecentos empregados e no ano 2003 tivo unha facturación de cento oitenta millóns de euros.