Emilio López Pérez


Data de Nacemento: 31 de marzo de 1952
Lugar de Nacemento: Sindrán – Monforte de Lemos (Lugo)
 Currículum

Fillo de labradores e primeiro de sete irmáns, cursou os seus primeiros estudios na escola parroquial. Posteriormente estudiou no Seminario de Lugo durante sete años e desde 1972 a 1977 estudiou Socioloxía na Universidade Complutense de Madrid. Entra en contacto co nacionalismo en Monforte, onde coñece a Manuel María e a Lois Diéguez. A partir de 1974 xa participa en Madrid na creación da asociación cultural “Lóstrego” e convive con grupos de nacionalistas galegos. Ó mesmo tempo comeza a colaborar cos Comisións Labregas na clandestinidade. Forma parte da dirección nacional do sindicato desde o primeiro momento ata 1993, ocupando primeiro a responsabilidade de secretario de zona de Lugo, despois secretario xeral, sucedendo ó primeiro, Bernardo Fernández Requeixo e posteriormente como secretario de acción xudicial. Foi deputado do Bloque Nacionalista Galego por Lugo, sendo no grupo parlamentario o portavoz de Agricultura. Actualmente é o delegado de Medio Rural en Lugo.