Trasladouse ós 17 anos coa súa familia a Lugo, onde compaxinou os estudios co traballo.
É autor dos libros: "O Cebreiro. Apuntes Históricos e Documentais". 1ª Edición Deputación Provincial de Lugo, 2013; Concello de As Nogais, Pedrafita do Cebreiro y Triacastela. Un recorrido por sus parroquias (2ª edición, xullo 2006); O Courel y su comarca (2ª edición, xullo 2006). Su historia, sus personajes, sus gentes; Muncipio de Negueira de Muñiz; Municipio de Ourol. Un recorrido por sus parroquias e Castro de Rei. Historia, Arte y Patrimonio. Publicou artigos en varios boletíns e revistas, tanto galegas como nacionais. É coautor dos suplementos da "Revista Lucus" dedicado ós municipios de O Saviñao e O Incio e autor do nobiliario Origen del Apellido Pombo, en la provincia de Lugo, así como otros apuntes sobre el mismo. Tamén publicou Hidalgos y Casas Señoriales de la Provincia de Lugo. Ayuntamientos de As Nogais, Pedrafita de Cebreiro y Triacastela, (2ª edición, maio 2005); La Encomienda de Quiroga y sus Documentos. 1186-1831; Escudos de Lugo. La ciudad de Lugo según el Catastro de Ensenada (1753); O Incio. Historia, arte y patrimonio (2ª edición, maio 2003); Lucenses de cuna o de vínculo. Biografías y genealogías.
Entre os premios e distincións que recibiu destacan o premio xornalístico "Vila de Samos" e o diploma e placa de agradecemento que lle outorgou o Concello de Ourol. Foi nomeado "Milagrosista 1995". Académico Correspondiente en Lugo Da Real Academia Matritense de Heráldica e Xenealoxía. Este nomeamento tivo lugar o 22 de xuño de 2004. Delegado Provincial da Asociación de Xenealoxía Heráldica e Nobiliaria de Galicia.