Relixioso paul, filólogo e etnógrafo, é licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1975) e doutor na mesma especialidade (1979).
Foi profesor e secretario no Colexio San Narciso en Martín, profesor no Colexio Nuestra Señora de los Milagros, Monte Medo en Ourense.
Especialista en Toponimia, autor do Diccionario Etimolóxico da Lingua Galega, a súa tese de doutoramento sobre esta materia e os seus traballos de investigación etimolóxica son un referente nos estudos universitarios referidos a esta temática.
É membro da Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia desde 1978 e fundador e presidente da Asociación Galega de Onomástica da Universidade de Santiago, así como correspondente da Real Academia da Historia.
Estivo destinado en Inglaterra (9 anos) e en Cuba (6 anos).
Foi restaurador do Camiño Meridional de Santiago en Galicia e Sanabria (Vía de Prata, 1990) e o creador do museo "Devanceiros" de Etnografía, Arte Sacra e Ciencias (1998).
Entre as súas obras e proxectos destacan a restauración da ermida de San Mamede; a creación da Aula da Natureza en O Caudillo; os traballos a prol da restauración do Camiño Mozárabe de Santiago, e a creación e restauración das pezas do Museo Etnográfico situado en Montemedo, Os Milagros.
Foi o primeiro presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Galicia.
Recibiu o Premio Otero Pedrayo en 1980 pola súa obra A Limia, e foi tamén distinguido co Premio “Taboada Chivite” (1980) e coa a Medalla Castelao da Xunta de Galicia (2000).
A Deputación Provincial de Ourense concedeulle a Medalla de Ouro da Provincia, máxima distinción ourensá.