Xosé Luis López


Pseudónimo:Sachalambón
Categoría: Actor
Teléfono: 630410681
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Asistiu a cursos a cargo de Albert Boadella, Ángel Burgos, John Wright, Eric De Bont, Gloria Padura e Ángel Almazán entre outros.
Foi axudante de dirección nos espectáculos teatrais ‘Ñiki Ñaque’ (Ollomoltranvía, 2000) e ‘Policía’ (Ollomoltranvía, 2001).

 Obras realizadas

No teatro realizou as seguintes obras: ‘Caleidoscopio’ (Títeres Falcatrúa, 1991), ‘A hora de Evaristo Freire’ (Caroza Teatro, 1994), ‘Os trasnos da biblioteca’ (Caroza Teatro, 1995), ‘Sursum Corda’ (Caroza Teatro, 1995), ‘Cento Voando’ (Caroza Teatro, 1996), ‘Ler é descubrir’ (Caroza Teatro, 1998), ‘Os carros do camiño’ (Ollomoltranvía, 1999), ‘Fillo do rigor’ (Caroza Teatro-Teatro Maltés, 2000), ‘A Gaiola’ (Caroza Teatro-Teatro Maltés, 2001), ‘Porca Vita’ (Caroza Teatro – Teatro Maltés, 2002), ‘Cruzando a Ría’ (Caroza Teatro – Teatro Maltés, 2002), ‘A espada de Raex’ (Caroza Teatro - Teatro Maltés, 2003), ‘Pallasos’ (Uvegá teatro, 2004), ‘Flash-Back Compostela’ (2004) e 'Hamlet' (RTA producións, 2006).
No cine fixo ‘Pedrouzo á Habana’ (2005), ‘Romasanta’ (2003) e ‘A Orixe’ (Documental, 2003) e para televisión traballou en ‘Chapapote...o no’ (Tv Movie, 2005), ‘Rías Baixas’ (Teleserie TVG, 2004), ‘Libro de familia’ (Teleserie TVG, 2004), ‘Terras de Miranda’ (Teleserie TVG, 2004), ‘As leis de Celavella’ (Teleserie TVG, 2003) e ‘Galicia Expres’ (Teleserie TVG, 2000).

 Outros datos de interese

É socio fundador da compañía de teatro profesional ‘Caroza Teatro-Teatro Maltés’ en 1994.
Foi monitor de teatro na Cruz Vermella (A Coruña, 2005), C.E.I.P Santa Baia (Boiro, 2004), C.S.C de Vidán (Santiago, 2001), C.S.C Aurelio Aguirre (Santiago, 2001), C.P. de Moeche (Ortigueira, 1997- 1999), La Salle (Ferrol, 1995) e no Instituto Marqués de Suances (Ferrol, 1995).