É graduada pola Escola de Artes Aplicadas de Oviedo nas especialidades de Debuxo Publicitario (1987) e Gravado e Técnicas de Estampación (1989).
Realizou as seguintes exposicións: Casa Verde (Avilés, 1988), Sala Banco Hispano 20 (Oviedo, 1989), Escola de Artes Aplicadas (Oviedo, 1989), Sala do Concello de Ribadesella (1989), Pub ‘Al Pie del Cañón’ (Arriondas, 1989), Zoco Gran Santander (1990), Sala Galería (Oviedo, 1990), Teatro Campoamor (Oviedo, 1991), Ateneo Santa Cecilia (Marín, 1993), Sala do Concello de Ribadesella (1993) , Teatro Principal (Pontevedra, 1993), Sala Almirante (Lugo, 1995), Casa da Cultura do Concello de Ribadesella (1997), Centro de Artesanía e Deseño (Lugo, 2000), Centro socio-cultural Uxío Novoneyra (Lugo, 2001) e exposición itinerante en salas de arte da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia (2005).
A súa obra gráfica: Inclúe impresión en relevo (linogravado, xilografía, porespán e madeira) , impresión en oco, punta seca. Augaforte, augatinta, verniz brando, gravado ao azucre, gravado ao aceite, gravado con lapis e barras graxas, alcogravado, imaxe fotográfica, plástico e cartón, litografías, serigrafías, acrílicos, técnica mixta e escultura.
Hai referencias súas nas seguintes publicacións: La Voz de Galicia, Síntesis, Diario de Pontevedra, El Progreso e La Nueva España. O seu cadro titulado ‘La Criticona’ formará parte dos decorados da serie ‘Siete Vidas’ de Tele 5.