Eduardo Pérez Baamonde


Pseudónimo:Eduardo Baamonde
Categoría: Pintor
Data de Nacemento: 27 de marzo de 1962
Lugar de Nacemento: Vilalba (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Cursou estudios de Historia da Arte, Museoloxía e Artes e Oficios en Santiago. Desde 1988 exerce como profesor de Debuxo no ensino medio con destino actual no Instituto de Bacharelato de Vilalonga (Sanxenxo). Amante do deseño gráfico e da pintura, empeza a crear imáxenes e a expoñe-las súas creacións a principios dos anos oitenta. Ten realizado máis de trinta exposicións individuais e colectivas e confeccionado varios murais.

 Obras realizadas

No campo do deseño gráfico e da ilustración prodigouse na realización de carteis, logotipos, colaboracións en revistas, imaxes corporativas para empresas e ilustracións de textos literarios (colaboracións co escritor Ramón Caride tanto en textos de literatura infantil como xuvenil). Un dos traballos máis significativos foi o deseño gráfico integral do proxecto didáctico "SALNESXOGO", ideado polo equipo de normalización lingüística do Salnés.

Fixo debuxos e maquetación para a exposición "VIII Centenario do Pórtico da Gloria" (Santiago, setembro de 1988).

 Outros datos de interese

2001. Selección de obras de "Pintura Rápida" na Casa de Cultura de Vjte, Santiago. 2001. Obras seleccionadas para "Arte no Morrazo", Cangas. 2002. Selección de obras Museo Manuel Torres, Marín. 2002. Obras seleccjonadas pola galería Borrón-4 para o Centro Cultural de Cambados. 2002. Obras seleccionadas para "Arte no Morrazo", Cangas. 2002. Accésit no II Certame de Pintura Rápida do Concello de Lugo. 2010. Mención de Honra no Certame Galego de Arte 'José Domínguez Guizán' de Begonte, Lugo.