Eduardo Barreiros Rodríguez


Categoría: Empresario
Data de Nacemento: 24 de outubro de 1919 (†19 de febreiro de 1992)
Lugar de Nacemento: Gundiás-Ourense
 Currículum

Ós 12 anos abandoa a escola e ponse a traballar de revisor nun autobús do seu pai e de aprendiz nun taller mecánico en Ourense. Iniciada a Guerra Civil, fai o servicio militar no Exército Nacional e ó remata-la Guerra regresa a Ourense. Co seu irmán crea unha empresa constructora, fabricando o primeiro autobús "Barreiros" de partes doutros automóbiles. En 1949 transforma motores de gasolina a diesel e dous anos máis tarde trasládase cos seus irmáns a Madrid e monta unha nave de transformación de motores. En 1954 crea a empresa Barreiros S.A., dedicada á fabricación de camións, autobuses, tractores, furgonetas, motores diesel e grupos electróxenos. En 1957 presenta o camión "Barreiros" despois dos obstáculos que lle puxo o Ministerio de Industria. En 1964 asóciase con "Simca" e "Chrysler", nacendo o Dodge Dart, desvinculándose de "Chrysler" e creando a sociedade de carteira "Inbursa". Creou a empresa "Cimisa", que fabricaba motores. En 1978 vaise a Cuba, asesora a Fidel Castro e monta coa súa patente unha fábrica de camións e autobuses que exportaría a países do Este de Europa.

 Outros datos de interese

Está en posesión da gran cruz do Mérito Civil, da medalla de ouro ó mérito no Traballo e do Premio Internacional Dag Hammarskjold ó Mérito Industrial. Foi o primeiro empresario español que comprou un avión privado.