Demetrio Salorio Suárez


Categoría: Político
Data de Nacemento: En 1917 (†1992)
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Traballou en distintas empresas como "Fenosa", "Rubine", "Isolux" e "La Artística".

 Obras realizadas

Foi nomeado alcalde polo Goberno en 1966. Os maiores problemas cos que tivo que tratar durante o seu mandato foron os urbanísticos e os de circulación. Inaugurou o Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón, formulou a primeira proposta de creación dunha mancomunidade de municipios, municipalizou a empresa de augas e inaugurou a estación de San Diego e do barrio das Flores.