Antonio de la Peña Santos


Categoría: Arqueólogo
Data de Nacemento: 10 de abril de 1952
Lugar de Nacemento: Pajares de los Oteros (León)
 Currículum

É arqueólogo e ocupa o posto laboral de Conservador de Fondos Arqueolóxicos do Museo Provincial de Pontevedra. A súa actividade investigadora diríxese con preferencia cara á Idade do Bronce, á arte rupestre, ao mundo castrexo e ás orixes da cidade de Pontevedra.

Participou en máis dun cento de congresos e reunións científicas da súa especialidade e en numerosas campañas de escavacións arqueolóxicas, dirixindo 23 campañas en 26 xacementos, entre eles os asentamentos de Lavapés, Torroso e Santa Tegra. Tamén localizou, catalogou e levantou calcos de máis de medio milleiro de complexos da arte rupestre galaica.

É membro de institucións culturais -coma o Instituto de Estudios Galegos, o ICOMOS, o Instituto Cultural Galaico-Minhoto, a Asociación Arqueolóxica Viguesa, o Centro de Estudios Históricos de Pontevedra, as Asociacións Profesionais de Arqueólogos de España e de Galicia, a Asociación pola Defensa da Ría, a Sociedade para o Avance do Pensamento Crítico (ARP), a Asociación de Genealogía, Heráldica y Nobiliaria de Galicia, a Asociación Amigas e Amigos do Camiño Portugués a Santiago, etc.- e do consello de redacción de varias publicacións de tema arqueolóxico e histórico. Académico correspondente da Reial Académia Catalana de Belles Arts. Premio Turoqua no 2003 e Cidade de Pontevedra no 2004.

Leva pronunciadas máis de trescentas setenta conferencias e publicados vinte libros e máis de douscentos setenta artigos en publicacións de tema arqueolóxico.

 Obras realizadas

Relación de libros:

-1978: “El arte rupestre gallego al aire libre. Estado actual del problema y modelo para su estudio por comarcas naturales: la Península de Morrazo en Pontevedra”, 2 vols. Tesina de Licenciatu­ra presentada en xullo de 1978. Exemplares na Universidade Compostelana e no Museo de Pontevedra.

-1979: “Los petroglifos gallegos. Grabados rupestres prehistóricos al aire libre en Galicia”, con J. M. Vázquez Varela, Cuadernos del Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos, 30. A Coruña / Sada (reedicións en 1992 e 1997).

-1979: “Prehistoria e Arqueoloxía de Galicia: Estado da Cuestión”, Lugo (varios autores).

-1980: “Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra”, Fundación Barrié de la Maza, serie "Catalogación Arqueológica y Artística de Galicia", A Coruña (con A. García Alén).

-1986: “Yacimiento galaico-romano de Santa Tegra” (A Guarda - Pontevedra). Campaña -1983. "Arqueoloxía-Memorias", 5. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.

-1988: “Pontevedra. Planteamiento histórico y urbanístico”, ­Deputa­ción Provincial de Pontevedra, Vigo (con C. García Braña e J. Juega Puig).

-1992: “Castro de Torroso (Mos, Pontevedra). Síntesis de las Memorias de las campañas de excavaciones 1984-1990”, "Arqueoloxía-Memorias", 11. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia (1992).

-1994: “El arte rupestre en Campo Lameiro”, con F. J. Costas Goberna e J. M. Rey García, Pontevedra, Xunta de Galicia (1994).

-1995: “Pontevedra, villa amurallada”, con J. Juega Puig e E. Sotelo Resurrec­ción, Deputación Provincial de Pontevedra (Vigo).

-1995: “Galicia na Prehistoria”, vol. I de "Historia de Galicia", A Coruña, Ed. Vía Láctea (con J. Mª. Bello Diéguez).

-1996: “Historia de Pontevedra”. A Coruña, Ed.Vía Láctea (con J. Juega Puig e L. López de Guereñu).

-1999: “Arte rupestre no sur da ría de Vigo”. Vigo, Instituto de Estudios Vigueses (con F. J. Costas Goberna e J. M. Hidalgo Cuñarro).

-1999: “Os petroglifos galegos”. Vigo, Ed. A Nosa Terra.

-1999: “Historia de Vigo”. A Coruña, Ed.Vía Láctea (con R. Sánchez Bargiela, J. M. González Fernández e D. Rodríguez Teijeiro).

-2001: “Petroglifos de Galicia” A Coruña, Vía Láctea Editorial (con J. M. Rey García).

-2001: “Santa Trega. Un poblado castrexo-romano”. Ourense, Abano Editores.

-2002: “Grabados rupestres en Galicia. Características generales y problemática de su gestión y conservación”. Pontevedra, Deputación Provincial (con F. Carrera Ramírez e F. J. Costas Goberna).

-2002: “A fauna e o ser humano na Prehistoria do Baixo Miño a través dos gravados rupestres”. A Guarda, Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM), col. “Monografías”, 13 (con F. J. Costas Goberna).

-2003: “Galicia. Prehistoria, castrexo e primeira romanización” Vigo, Ed. A Nosa Terra.

-2009: “Petróglifos de Galicia”. Vigo, Ed.A Nosa Terra (fotografías de Xulio Gil).