A súa estancia no Seminario de Estudios Cerámicos (Sargadelos) fai que estableza unha especial relación cos materiais cerámicos, presentes en boa parte da súa obra. A partir do ano 1990, o escultor vai traballar máis preto do concepto de "instalación". A narración, a temática social, a utilización do chan, a presencia da poesía xunto coa mestura de correntes tan diversas como o expresionismo o conceptual e o minimal van a ser constantes no seu traballo.
A súa primeira exposición data do 1980 en Lugo, aínda que será na década dos 90 cando a súa obra desperta maior interese.A frecuente presencia nas galerías galegas, a participación en eventos como Arco, Foro Atlántico, etc... ou a inclusión das súas obras nas coleccións máis interesantes do país (Fenosa, Caixa Galicia, Caixavigo, etc...) falan do seu labor na arte contemporánea galega.
INSTALACIÓNS: 1990. "Guerreiros" Museo Pablo Gargallo Zaragoza.
1992. "Sair, Mudar". Urxencias III, Moaña.
1996. "O Bosque das Ausencias" Galería Clérigos. Lugo.
1998. "A linguaxe da memoria" Galería Pardo Bazán. A Coruña.
1999. "Xeografías" V Foro Atlántico, stand Galería Pardo Bazán.
"Camuflaxe" Galería Bacelos, Vigo.
2000. "Tras do Silencio", stand Galería Bacelos (Madrid, ARCO).
"Linguaxe e memoria", Galería SCQ, Santiago.
EXPOSICIÓNS INSTITUCIONAIS:
1993. "Trazos e Camiños". Itinerante.
1994. "Escultura Ibérica actual". Itinerante.
1997. "De Asorey ós 90. A escultura moderna en Galicia" (Auditorio de Galicia).
2000. "Galicia Terra Única" (Fundación Barrié).
"Escultura gallega contemporánea. La cerámica como punto de partida". Itinerante.
"Diálogo co silencio". S. Domingo de Bonaval. Santiago.
Bibliografía: "Summa Artis". Cerámica Española. Trinidad Sánchez Pacheco. "Enciclopedia Proxecto Galicia", Editorial Hércules. Antón Castro, Severino Penelas. "De Asorey ós 90" (catálogo) Mª Luísa Sobrino. "Escultura Gallega Contemporánea. La Cerámica como punto de partida". Antonio Garrido. Revista Internacional de Cerámica...