Manuel Lago Martínez


Categoría: Escritor e filatelista
Data de Nacemento: 4 de setembro de 1917
Lugar de Nacemento: Vigo
Teléfono: 986439262
 Currículum

É especialista en Historia do Correo. Fixo exposicións temáticas (Cabalos, viño, touros, aforro, deportes hípicos e Galicia). Dedícase á organización, montaxe, presentación de coleccións filatélicas e igualmente á valoración de todo tipo de material.

 Obras realizadas

Leva publicadas máis de 25 obras sobre o correo. A súa obra Prefilatelia de Galicia é un tratado, prologado por Camilo José Cela, cun estudio sobre a voz "Correo". Foi profesor, conferenciante en todo o relacionado co Correo e Xurado Internacional.

 Outros datos de interese

Conseguiu a Medalla de Ouro sobre Historia Postal e o premio "Gomis" en 1966. As súas coleccións obtiveron medallas de ouro nos cinco continentes e máis de 2.000 trofeos por toda a xeografía española. Ofrece os seus servicios de orientación e material sobre todo tipo de coleccións, temáticas e do correo clásico. É o presidente do Club Filatélico e Numismático "El Castro" de Vigo.