Daniel Aguilar González


Categoría: Atleta
Data de Nacemento: 10 de marzo de 1944
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Empezou atletismo ós dez anos e a correr en campionatos ós trece. Foi campión de España de veteranos de 10.000 marcha, medalla de bronce e medalla de prata na mesma disciplina, sexto en 30 quilómetros marcha no Campionato de Europa Veteranos celebrado en Cesenatico (Italia), quinto no Maratón de Varadero (Cuba) en 1982, primeiro veterano (840) no Maratón de Nova Iorque (USA) e sexto no maratón de Valladolid (a súa mellor marca en maratón é de 2 horas, 40 minutos, 01 segundos). Ademais, correu en seis maratóns de Madrid, os primeiros 100 quilómetros Cidade de Santander, no posto 24, en varias ocasións foi campión galego de veteranos de 10 quilómetros marcha e participou tamén no Campionato do Mundo de Fondo en Bruxas (Bélxica) de 30 quilómetros marcha (1999) e en dous maratóns da Serra da Montaña de Madrid. Quedou terceiro no campeonato de España de Fondo de Marcha Veteranos en León (2006).
Conseguiu o 11º posto no Campionato de España de Cross para veteranos (Cáceres, 2007).

 Outros datos de interese

Casado con Mª del Pilar Morán Álvarez, teñen dous fillos, Eldo e Alessandra Aguilar.
As súas afeccións son o coleccionismo de coches e motos clásicos, así como de xoguetes antiguos en especial trenes.
Empresario (Luz Lugo Luminosos).