Dende que lembra interésase polas letras e por todo o que as fan posibles. A linguaxe, as palabras, os papeis e toda clase de cousa onde se poida escribir, os libros, os lapis, a comunicación, os contos das avoas...
PREMIOS POESÍA: Premio do III Certame literario do Concello de Ames (2006), pola obra “A extinción dos harmónicos”, publicada polo concello en Maio de 2007. Premio do XI Certame Francisco Añón de Poesía (2007), pola obra “Ansiedade e Planetas”, publicada en 2008 polo Concello de Outes. Premio do I concurso de poesía en lingua galega do Concello de Sada (2008), polo traballo titulado “Poética do poema”. Accésit do XV Certame Literario de Cambre (2008), pola obra “Ritual de enxivas”. Bolsa do Centre d´Art La Rectoria (Sant Pere de Vilamajor) para o desenvolvemento dun proxecto de poesía experimental (2008). Segundo Premio do Certame Literario do Concello de Vilalba (2008), polo libro de poemas “Desequilibras e caer”. PREMIOS NARRATIVA: IV concurso de Contos do Liceo de Noia (2007), polo relato titulado “Arredor de Marta”, publicado na revista Alameda ese mesmo ano. Finalista do III Certame de Novela Biblos-Pazos de Galicia (2007). Accésit do XXV Concurso de Contos para a Mocidade da Casa da Xuventude de Ourense (2008), polo relato titulado “Conversas”.
Colaboracións: 2007. Concerto de Medicina da Universidade de Santiago: Recital poético. 2008. Infoxove (revista mensual galega). 2008. Dorna: expresión poética galega. 2008. Recital poético no Centre d´Art Cal Cabrit (Sant Antoni de Vilamajor). Colaboración con Axunica para proxectos de desenvolvemento en Nicaragua: Recital Poético e exposición audiovisual (en preparación). Interesada na fusión das artes, obtivo unha beca no Centre d´Art La Rectoría para desenvolver un proxecto de poesía experimental. Exposición colectiva no Centre d´Art La Rectoría (Sant Pere de Vilamajor) audiovisual e poesía experimental (agosto 2008). Páxina persoal: www.cristinha.blogspot.com