Constantino Grandío López


Pseudónimo:Tino Grandío
Categoría: Pintor
Data de Nacemento: 31 de decembro de 1924 (†En 1977)
Lugar de Nacemento: Santa Olalla de Lousada - Guntín (Lugo)
 Currículum

Estudiou o bacharelato en Lugo e logo trasladouse a Santiago, pero pronto abandonou os seus estudios para dedicarse definitivamente á pintura. En 1949 marchou a Madrid e alí contou coa axuda do escultor Cristino Mallo e do pintor Díaz Caneja.

 Obras realizadas

En 1955, a súa obra foi seleccionada para a Bienal Hispanoamericana de Arte en Barcelona. A partir dese momento realizou numerosas exposicións individuais en Madrid, Barcelona, Lisboa, París, Nova York, Múnic e Alexandría e colectivas en América do Sur e varias cidades europeas.

 Outros datos de interese

Tino Grandío foi galardoado cos premios "Stanley Kramer" en 1956 e "Cance" en 1960. Recibiu a terceira medalla na Exposición Nacional de 1962 co cadro Leira, mi perra; o Gran Premio da Dirección Xeral de Belas Artes en 1963; a segunda medalla na Exposición Nacional de 1964 con Campesiño afila guadaña; o primeiro premio na Exposición Antolóxica do Círculo das Artes (Lugo, 1964); a 1ª medalla na Exposición Nacional de 1966 con Labrando; o premio Unicef en 1968 e o gran premio internacional de pintura na Bienal de Marbella (1971), entre outros. Despois da súa morte, celebráronse varias exposicións antolóxicas en diferentes partes de Galicia, patrocinadas pola "Galería Fauna", entre as que destaca a Exposición Homenaxe realizada na Deputación Provincial de Lugo en 1979.