Conrado Durántez Corral


Categoría: Avogado, atleta e escritor
Data de Nacemento: 21 de agosto de 1935
Lugar de Nacemento: Ferrol (A Coruña)
 Currículum

É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1958. Ingresou por oposición na carreira xudicial. Actualmente é Maxistrado no Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (desde 1989). No campo dos deportes foi plusmarquista galego xuvenil de lanzamento de peso e disco, plusmarquista absoluto de Galicia de lanzamento de peso e subcampión nacional absoluto de lanzamento de disco. Foi preseleccionado nos XX.OO. de Roma (1968) na proba de lanzamento de disco. É membro, por elección, do Comité Olímpico Español (COE) desde 1972, presidente do Comité Internacional Pierre de Coubertin, presidente e fundador da Academia Olímpica Española, presidente e fundador da Asociación Iberoamericana de Academia Olímpicas, presidente da Unión Española de Filatelia Olímpica (UEFO), membro fundador, conferenciante e director de seminarios na Asociación Internacional de Historiadores Olímpicos.

 Obras realizadas

Publicou gran cantidade de obras, sobre todo referidas ó mundo do deporte, destacando: Los Juegos Olímpicos Antiguos, Olimpia y los Juegos Olímpicos Antiguos, Las Olimpiadas Griegas, Barcelona Olímpica, La Antorcha Olímpica, Barcelona 92 XXV Olimpiada, La Academia Olímpica Internacional, El Olimpismo y sus Juegos, De Olimpia 776 a.d. J. C a Barcelona 1992, La Historia Olímpica, El Centenario Olímpico, Las Bellas Artes y los Juegos Olímpicos, Los Vencedores Olímpicos, Pierre de Coubertin: Imagen y Filosofía, Pierre de Coubertin el Humanista Olímpico, Pierre de Coubertin y la filosofía del Olimpismo e Los Orígenes del Comité Olímpico Español.

 Outros datos de interese

Foi galardoado cos seguintes premios e distincións: Mención de Honra da Federación Galega de Atletismo (1967), membro da Orde Olímpica do Comité Olímpico Internacional (1989), doutor Honoris Causa pola Academia Nacional de Deportes de EE.UU. (1994), doutor Honoris Causa pola Universidade Metropolitana de Santiago de Chile (1996), doutor Honoris Causa pola Universidade da Habana (1996) e doutor Honoris Causa pola Universidade de Santa Fe de Bogotá (1996).