Estudiou o bacharelato en Lugo, traballando despois como fotógrafo de estudio e reportaxe (1976-1990). Desde 1990 traballou na súa propia empresa de fotografía. Dentro da súa formación, destacan a asistencia a talleres de pintura e modelado, a realización de cursos de Formación Profesional de Fotografía Artística (no Instituto Nacional de Fotografía e Imaxe de Madrid), a asistencia a convencións "Profoto-photo image", a talleres de iluminación e fotografía dixital, a participación nas III Xornadas Profesionais de Fotografía do Principado de Asturias, e a asistencia ó III Congreso Internacional de Fotografía Profesional e Artística en Cullera (Valencia).
Traballou tamén como Cámara de TVE (1978-90), cámara de televisión nas visitas dos fillos do Rei a Lugo e foi realizador do programa de TV de Lugo "En Xogo". Desde 1993 impartiu un gran número de talleres de fotografía e cursos de fotografía e vídeo.
Ocupou durante oito anos o cargo de secretario da Federación Nacional de Profesionais da Fotografía e Imaxe en Lugo, e posteriormente o de presidente de dita Federación.