César Antonio Molina


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: En 1952
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É licenciado en Dereito e en Ciencias da Información. Doutorouse “cum laude” cun traballo de investigación sobre a prensa literaria española, publicado en tres volumes. Foi profesor de Teoría e Crítica Literaria na Universidade Complutense e foino, nos últimos oito anos, de Humanidades e Xornalismo na Universidade Carlos III. Tamén foi durante varios anos coordinador dos cursos de Humanidades da Universidade de Verán de El Escorial. De 1985 a 1996 traballou en Cambio 16 e Diario 16, onde chegou a ser director adxunto e responsable das páxinas de cultura e espectáculos, así como dos suplementos Culturas y Libros. En 1996 incorporouse ó Círculo de Belas Artes como director-xerente. De 2004 a 2007 foi director do Instituto Cervantes. En 2007 soi nomeado Ministro de Cultura. Ten publicados trinta libros, fundamentalmente, de ensaio, prosa e poesía. A súa obra poética apareceu recollida en numerosas antoloxías e está traducida a varios idiomas. O seu último libro é ‘El rumor del tiempo’, unha antoloxía poética de toda a súa obra publicada polo Círculo de Lectores.

 Obras realizadas

Publicou os seguintes libros: ‘Épica’ (A Coruña, Argrove, 1974); ‘Proyecto preliminar para una arqueología de campo’ (Barcelona, Antrophos, 1978); ‘Últimas horas en Lisca Blanca’ (León, 1979); ‘La estancia saqueada’ (Barcelona, Los libros de la frontera, 1983); ‘La revista Alfar y la prensa literaria de su época (1920-1930)’ (Coruña, Nós, 1984); ‘Antología de la poesía Gallega contemporánea’ (Madrid, Jucar, 1984); ‘Gobierno de un jardín’ (Cuenca, II Menu, 1986); ‘Derivas’ (Madrid, Maina, 1987); ‘El fin de Finisterre’ (Ferrol, Sociedad de Cultura Valle Inclán, 1988); ‘Prensa literaria en Galicia (1809-1920)’ (Vigo, Xerais, 1989); ‘Prensa literaria en Galicia (1920-1960)’ (Vigo, Xerais, 1989); ‘Medio siglo de Prensa literaria española (1900-1950)’ (I. Madrid, Endymion, 1990); ‘Sobre el iberismo y otros escritos de literatura portuguesa’ (Madrid, Akal, 1990); ‘Las ruinas del mundo’ (Barcelona, Anthropos, 1991); ‘El fin de Finisterre’ (A Coruña, Deputación Provincial, 1992); ‘Para no ir a parte alguna’ (Valencia, Pre-textos, 1994); ‘Sobre la inutilidad de la poesía’ (Madrid, Huerga & Fierro, 1995), ‘Poemas’ (Universidade das Illas Baleares, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 1995); ‘Nostalgia de la nada perdida; ensayo sobre narrativa contemporánea’ (Madrid, Endymion, 1996); ‘Vivir sin ser visto’ (Barcelona, Península, 2000); ‘A fin de Fisterra’ (Pontevedra, Deputación Provincial, 2001); ‘A Coruña, agua y luz’ (Barcelona, Lunwerg, 2001); ‘Poemas’ (Badajoz, Deputación Provincial, 2001); ‘Olas en la noche’ (Valencia, Pre-textos, 2001); ‘Regresar a donde no estuvimos’ (Barcelona, Península, 2003); ‘Viaje a la Costa da morte’ (Madrid, Huega & Fierro, 2003); ‘En el mar de ánforas’ (Valencia, Pre-Textos, 2005); ‘En Honor de Hermes’ (Madrid, La Rama dorada, 2005); ‘Fuga del amor’ (Barcelona, Destino, 2005); ‘El rumor del tiempo’ (Barcelona, Círculo de Lectores, 2006) y ‘Soños nos cantís’ (A Coruña, Espiral Maior, 2006).
Entre as obras colectivas nas que participou, podemos destacar: ‘El curso literario español’ (Barcelona, Ámbito Literario, 1978); ‘Segunda antología del resurgimiento’ (Barcelona, Ámbito Literario, 1980); ‘Poesía Épica Española (1950-1980) Antología’ (Madrid, Libertarias, 1982); ‘La emoción de la palabra’ (Madrid, 1988); ‘Fin de un milenio, antología de la poesía gallega última’ (Madrid, Libertarias, 1991); ‘Falsearé la leyenda’, (Madrid, Árdora, 1994); ‘Entre las vanguardias Francisco Miguel, pintor gallego y mexicano (1897-1936)’ (México DF, Museo Estudio Diego Rivera y Frida Kahlo, 1999); ‘Nas Redes en Muller e mar. Antología poética’ (A Coruña: Deputación da Coruña, 2001); ‘Territorio de la poesía, antología poética’ (2001); ‘Qué puede hacer la poesía’ (Vitoria, Basarai, 2002); ‘Man: Un artista sin mérito. No pais do Nunca Máis’ (Vigo, Galaxia, 2003)…

 Outros datos de interese

Publicou multitude de artigos en revistas e xornais nacionais e internacionais, e realizado a edición, estudo e tradución de libros e revistas.