Alfonso Castro Beiras


Categoría: Cardiólogo
Data de Nacemento: 22 de xullo de 1944 ( † 8 de febreiro de 2016)
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
 Currículum

-Director da Área do Corazón do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo.

-Xefe do Servizo de Cardioloxía do C.H.U. Juan Canalejo.

-Director do Instituto de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña.

-Profesor Titular de Cardioloxía da Universidade da Coruña.

-Presidente pasado actual da Sociedade Española de Cardioloxía.

-Vicepresidente Científico Executivo da Casa do Corazón da SEC.

-Presidente do ‘Foro Salud 2010’. -Membro do Consello Asesor de Sanidade.

-Director-Coordinador do Plan Integral de Cardiopatía Isquémica do Ministerio de Sanidade e Consumo e Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.

-Membro do Instituto Nacional de Investigación Cardiovascular, da Comisión Científica da Fundación Aventis; Asesor do Instituto Roche; do padroado da Fundación Abott; da Fundación Bamberg.

-Patrón da Fundación Pública 061 de Galicia, da Fundación Juan Canalejo e da Fundación de Medicina Xenómica de Galicia.

 

TÍTULOS:

-Doutor en Medicina pola Universidade Autónoma de Madrid.

-Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela.

-Especialista en Medicina Interna pola Universidade de Madrid.

-Especialista en Cardioloxía pola Universidade de Madrid.

-Profesor Titular da Universidade da Coruña.

 Obras realizadas

Autor de máis de 337 publicacións en revistas e libros nacionais e internacionais en campos da epidemioloxía clínica, marcapasos, transplante cardíaco e cardioloxía clínica, máis de 298 comunicacións científicas en Congresos Médicos Nacionais e Internacionais e máis de 372 participacións por invitación en mesas redondas de congresos médicos nacionais e internacionais.

Publicou como editor varios libros da especialidade: ‘Hipertensión y Corazón’, ‘Marcapasos’, ‘Cardiopatía Isquémica en la Mujer’ e ‘Insuficiencia Cardíaca’.

Ten levado a cabo máis de 125 participacións como profesor e director en cursos relacionados coa especialidade e dirixiu cinco tesiñas, tres teses de doutoramento e dúas teses de doutoramento europeas.

En marzo de 2015 foi nomeado Médico Emérito do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

 Outros datos de interese

Foi membro dos tribunais de doce teses de doutoramento defendidas nas Universidades de Oviedo, Complutense de Madrid, Zaragoza, Las Palmas, Santiago de Compostela e Salamanca e membro do comité de redacción de seis revistas científicas.