Cecilio Lago González


Categoría: Poeta
 Obras realizadas

Desenvolve a súa actividade profesional en Caixanova desde hai 24 anos. Compón cancións desde os 16 anos pero é a partir de 1989 cando se dedica á poesía. É colaborador asiduo en varias revistas e xornais, tanto en poesía como en prosa, con temas tan diversos como a cultura, o deporte, a cidadanía... Participou en calidade de xurado e organizador-xurado de certames literarios. É mantedor de veladas poéticas, presentador habitual de festivais artísticos, pregoeiro e contertulio en programas de radio. Dá recitais poéticos propios e é compositor e cantautor, con obtención de diversos premios, tanto en música, letra, así como en interpretación. Dirixiu coros músico-vocais. No ano 1996 compón (música e letra) e estréase o seu Himno o Bueu Atlético de Balonmán Ás de campión con todo o pobo de Bueu (Pontevedra) no Pavillón de Deportes e ante as cámaras de televisión. É redactor de manifestos de "Vigo por la paz" e autor de varias obras de teatro xa estreadas.

 Outros datos de interese

En 1993 publicou 'Ultreia' (sonetos con outros poetas e pintores) editado pola Deputación Provincial de Lugo.
En 1994, Castillos de Sueños (poemario de 131 sonetos) editado por Cardeñoso, Vigo.