Andrés Gaos Berea


Categoría: Músico e compositor
Data de Nacemento: 31 de marzo de 1874 (†13 de marzo de 1959)
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Andrés Gaos pronto amosa aptitudes musicais e con dez anos gaña un premio como violinista. En 1884 ingresa no Centro Musical de A Coruña. Posteriormente consegue unha bolsa da Deputación e trasládase a Madrid para continua-los seus estudios no Conservatorio. En 1888 volve á súa cidade natal e consegue máis bolsas para realizar estudios en París e Bruselas. En 1895 viaxa a América e dedícase a dar clases de música en Bos Aires e Montevideo. En 1896 casa coa cantante América Montenegro, coa que ten cinco fillos, e fixan a súa residencia en Bos Aires. En 1917 divórcianse e Andrés casa cunha alumna súa, coa que terá tres fillos.

 Obras realizadas

A súa actividade desenvólvese fundamentalmente en Arxentina, aínda que en ocasións visita a súa cidade natal para ofrecer algún concerto. Cara a 1899 publica obras para canto e piano e unha Habanera para violín e piano. Entre 1912 e 1916 compón moitas cancións, unha delas, Granada, foi premiada pola Asociación Wagneriana de Bos Aires. En 1916 consegue un premio en Tucumán pola música e letra do himno oficial do Centenario da Independencia Arxentina. En 1917 compuxo Elegía para piano e violín, dedicada ó seu amigo Pablo Casals. A súa última actuación na Coruña ten lugar en 1927. Entre outras composicións inclúe dúas obras súas Romana e Danza argentina nº 3, que tiveron un gran éxito. Como compositor, destacan obras como En las montañas de Galicia, Opúsculo de la Alhambra, Aires gallegos, Impresión nocturna, Miniaturas, Tormenta, Marcha fúnebre, Sonata opus 37, la canción Rosa de Abril (sobre el 2º poema de los Cantares Gallegos de Rosalía) e a ópera Amor vedado. Ademais dirixiu en varias ocasións as orquestras sinfónicas de Berlín, París, Roma e Milán.