Carlos Vello


Categoría: Pintor
Data de Nacemento: Xuño de 1945
Lugar de Nacemento: Ourense
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Desde 1963 conxuga os seus estudios con diversos traballos (delineante proxectista de instalacións petrolíferas e finalmente topógrafo de obras públicas). En 1970 comeza a dedicarse plenamente á pintura. Desde entón realiza exposicións individuais e colectivas. Participou intensamente en manifestacións artísticas, en compañía de artistas como Lamazares, Prego de Oliver, Jaime Quesada, Xosé Díaz, Vidal Souto, Alexandro, Virgilio, X. L. de Dios, Buciños, Corral Díaz, Tomás Bóveda, etc. Viaxa ó estranxeiro, onde se falaba de Francis Bacon. Aquí, só o fai o xornalista J.P. Noguerol e o xenial Oroza no Café Gijón de Madrid. Participa tamén na ‘Mostra Homaxe a Castelao’ que ten transcendencia en varias cidades galegas e xunto cun grupo de artistas forma o ‘Salón de Artistas independientes de Galicia’.

 Obras realizadas

1970: expón individualmente en ‘O VOLTER’ as súas pinturas ó pastel e realiza unha exposición colectiva no Claustro de San Rosendo en Celanova (Ourense), en compañía de Virxilio, Alexandro e Vidal Souto.

1971: colectiva no Círculo Victoria, Monforte de Lemos (Lugo), con artistas galegos.

1973: ‘Carroleiro’, Ourense, con Alexandro (pasteis e óleos).

1974: Ateneo de Ourense, colectiva con artistas galegos.

1975: Liceo de Ourense, con Ramón Conde (óleos e pasteis); colectivas en distintas localidades, en compañía de artistas galegos.

1978: individual nas Salas do Banco de Biscaia, Lalín (óleos e pasteis).

1979: individuais nas Salas do Banco de Bilbao en Ponferrada, León (óleos e pasteis); nas Salas do Banco de Crédito e Inversións, Lugo (óleos); nas Salas de Caixavigo, Vigo (óleos; con excelentes críticas en El Faro de Vigo e La Voz de Galicia) e nas Salas da Delegación do Ministerio de Cultura de Ourense (óleos; con excelente crítica na prensa local, diario La Región).

1983: individual nas Salas do Café Isaac (óleos; prologa o catálogo Manuel Catoira. Itinerantes da Consellería de Cultura).

1984: colectiva con artistas ourensáns en Estudio 34, Ourense.

1985: individual retrospectiva na Escola Universitaria de Formación do Profesorado, Ourense.

1991: colectiva na Galería Lucerna (Ourense) con Vidal Souto.

1992: Museo Municipal. Pintores Galegos.

1994: con Quesada, Vidal Souto, Virgilio e Figueiras en Galería Visol.

1995: colectiva en Galería Visol.

1996: Museo Municipal. Colectiva de artistas ourensáns, invitado pola Universidade Sur, a través do equipo de investigación ‘O vestixio do tempo’, en colaboración co comité executivo de Feiras e Exposicións e o Excmo. Concello de Ourense.

De 1998 á actualidade, mostra de apoio ós enfermos de SIDA e varias.

2006: Museo Municipal de Ourense.