Carlos Rodríguez Otero é un tenor, violinista, pianista, compositor e director. Nado en Santiago de Compostela en 1999 con linaxe lucense, Carlos vive en Inglaterra desde os dous anos e criouse en Southampton e Bristol. Actualmente estuda a licenciatura de música en Queens´ College da Universidade de Cambridge (2017).
Carlos estudiou violín baixo Roger Huckle e Kathryn Hardman, piano baixo Christopher Northam e dirección baixo Jonathan James. Despois de comezar co violín ós seis anos e co piano ós oito años, Carlos leva acumulada unha ampla variedade de experiencia como músico litúrxico, orquestal, de cámara e solista. Actualmente ocupa o posto de director da Schola Cantorum de Fisher House, a pastoral católica da Universidade de Cambridge, que se especializa nas músicas gregoriás e polifónicas no seu uso litúrxico. Carlos tamén ten experiencia da tradición coral Inglesa, sendo tenor no coro de Queens´ College, dirixido polo eminente director coral Ralph Allwood MBE.
Tamén ocupa o posto de concertino na orquesta 'Cambridge University Sinfonia', e tocou con varias orquestas incluindo a orquesta de cámara ´Brandon Hill´, a sinfónica 'University of the West of England', a orquesta da Universidade de Cambridge, a sinfónica de Gloucestershire e a Orquesta Xuvenil de Bristol, da cal foi concertino durante dous anos. A través disto traballou con directores mundialmente recoñecidos como Ewa Strusińska, Natalia Luis Bassa, Jonathan James, Jeremy Jackman, Jac van Steen, Suzi Digby, Ralph Allwood, Christopher Robinson e Maxime Tortelier. As súas actividades musicais tamén inclúen xiras internacionais como a viaxe da sociedade musical de Cambridge á Toscana, a viaxe do coro de Queens´ a Grecia e a viaxe co coro de Wolfson College a Hungría, todos no verán de 2018.
Carlos tamén ten ampla experiencia como músico de cámara, tendo tocado o violín e o piano en tríos, cuartetos, o cuarteto “Elvira” e varios outros grupos. Tamén empezou a explorar a dirección orquestal a través de proxectos como os concertos da sociedade musical de Queens´ (MagSoc), o máis recente sendo a dirección da sinfonía 39 de Mozart e o concerto para violín de Mendelssohn, tocado por Patrick Bevan (concertino da orquesta xuvenil do Reino Unido). Acompañamento ó piano, composición e máis ensinanza tamén forman parte importante da vida musical de Carlos: proxectos de composición nos cales leva participado inclúen o proxecto interxeracional “Soundtrack” e a Academia de Compositores Xóvenes de Bristol. É gracias a esta cantidade e variedade de actividade musical polo que a Carlos lle foi concedido o título honorario “City Wait of the Lord Mayor of Bristol” durante 2016-2017, entre outros premios e recoñecementos.
Colabora extensamente desde hai varios anos como solista, acompañante e cantante co Orfeón Lucense, o coro da catedral de Lugo, e na entrega de premios do Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López de Paradela (Lugo). En diversas ocasiós disfrutou recordando as súas raíces galegas tocando en festivais folklóricos como a décima edición do festival “Cantares de Reices” de Boimorto, e na trixésimo sexta edición da Mostra Internacional Folklórica de Viveiro.
Carlos obtivo o resultado máis alto no Reino Unido no seu exame do último año de conservatorio de violín (a través do ABRSM) con trece anos. Sacou o seu diploma en interpretación violinística (DipABRSM) con distinción ós dezaseis. Ven de rematar o seu primeiro ano en Cambridge, obtendo a segunda máis alta nota ('starred first') dos estudiantes de Música da súa promoción 2017-2018.
Carlos é bilingüe en castelán e inglés. A súa interese en idiomas, cultura y relixión inspirárono a aprender galego, alemán, italiano e latín.