Obtivo unha bolsa de estudios da Fundación Pedro Barrié de la Maza, licenciouse en Dereito en 1973 na Universidade de Santiago de Compostela con premio extraordinario e doutorouse pola mesma universidade coa tese La publicidad de tono excluyente, galardoada co premio “Doctor Adolfo Muñoz Alonso”. É catedrático de Dereito Mercantil da Universidade Complutense de Madrid desde 1983 e experto en Dereito Industrial, Competencia Desleal e Publicidade. Ademais, foi coautor do anteproxecto da Lei Xeral de Publicidade.
Ademais da súa tese La publicidad de tono excluyente, foi coautor dos seguintes libros: Comentarios a la Ley de Patentes, Código de publicidad, Comentarios a los reglamentos sobre la marca comunitaria, Problemas actuales del Derecho de la Publicidad, La regulación jurídica de la publicidad fianciera, La patente farmacéutica, Formación del consumidor e I Xornadas Galegas da Comunicación.
Ex-presidente da Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié de la Maza, é presidente da Asociación de Xuristas Galegos en Madrid (JURISGAMA) e Profesor de Posgrao en universidades hispanoamericanas.