É enxeñeiro industrial pola Universidade Politécnica de Madrid e licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade Complutense. É, así mesmo, Master en Organización Industrial e Administración de Empresas pola Escola de Organización Industrial de Madrid.
Actualmente é presidente de Leadair, Consultoría de Estratexia e Liderazgo, e experto da Organización de Aviación Civil Internacional (OACI/ICAO) e da Asociación Internacional de Transporte Aéreo (IATA) de Montreal, Canadá. É membro da xunta directiva da Confederación Empresarial Independente de Madrid (CEIM) e vogal do Pleno da Cámara de Comercio de Madrid. É conselleiro xeral de Caja Madrid.
Ata xuño de 2008 foi presidente de TECNIBERIA /ASINCE, patroal española do Sector de Enxeñaría e ata decembro de 2009 conselleiro do Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX) e membro da xunta directiva da CEOE.
Ata agosto de 2008 foi vicepresidente da Comisión de Avaliación de Performances no Espazo Aéreo Europeo (Bruxelas).
Ata maio de 2002 foi director xeral de UNIÓN FENOSA Internacional para Aeroportos, Portos e Loxística Entre outubro de 2000 e decembro de 2001 simultaneou o cargo anterior coa Presidencia de Soluziona Management Consulting.
Desde 2000 a 2004 foi conselleiro da Rede Nacional de Ferrocarrís Españois (RENFE).
Desde novembro de 1998 ata agosto de 2000 foi presidente do consello de administración e director xeral de AENA, Aeroportos Españois e Navegación Aérea. Reino de España.
1990-1998: Director xeral de NORCONSULT, posteriormente Soluziona Management Consulting, Consultoría de Alta Dirección.
1984-1990: Director xeral adxunto de CONSULTORES ESPAÑOLES. Consultoría de Alta Dirección e Director Xeral de Consultores de Galicia.
1983-1984: Director de Informática da Rede Nacional de Ferrocarrís Españois.
1980-1982: Director xeral de Navegación Aérea, do Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións. Reino de España.
1979-1980: Director xeral de Autónoma de Transportes por Carretera de Renfe: ATCAR (actualmente ENATCAR).
1967-1979: Ocupou os seguintes postos na Rede Nacional de Ferrocarrís Españois: xefe de gabinete de Política e Economía do Transporte; xefe do Gabinete de Desenvolvemento de Directivos; xefe da Unidade de Estándares Estratéxicos; Responsable de Organización da Produción.
Foi presidente de Aena Internacional, conselleiro de INECO, de TRANSFESA e de NORSISTEMAS e actualmente de Constructora Sanjosé, de Sanjosé Energía Medioambiente e de Enerxías Renovables de Galicia.
Durante a época de estudante, foi secretario e subdirector do Colexio Maior Antonio de Nebrija da Universidade Complutense de Madrid
ACTIVIDADES DOCENTES E PUBLICACIÓNS
É Mestre do Instituto Internacional de Formación e Desenvolvemento Aeronáutico (ITDI) de IATA, Montreal (Canadá).
Foi profesor encargado de curso das materias de Administración de Empresas e de Economía da Empresa na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Madrid.
Ditou cursos de doutorado sobre Teoría da Decisión, na mesma Escola de Enxeñeiros Industriais e na Facultade de Ciencias Económicas da Universidade Complutense.
Foi profesor titular de Economía de Dirección na Escola de Xestión Comercial e Marketing (ESIC). Publicou diversos artigos en revistas especializadas e pronunciou conferencias sobre temas de: Teoría da Decisión, Selección de Inversións, Liderazgo, Dirección Estratéxica, Calidade, Transportes...
ACTIVIDADES INTERNACIONAIS
Ata agosto de 2000 era membro do Governing Board de ACI (Airport Council Internatinal) (20 membros), do comité executivo de CANSO (Civil Air Navigation Service Organization) (6 membros) e do comité executivo da Chief Executive Officers Standing Conference (CESC) de EUROCONTROL (7 membros).
Representou á Aviación Civil Española e aos Ferrocarrís Españois en diversos foros internacionais como a (EUROCONTROL), a Organización da Aviación Civil Internacional (OACI) e a Unión Internacional de Ferrocarrís (UIC).
Desde xaneiro de 2003 ata agosto de 2007 foi membro e vicepresidente da “Performace Review Commission” (PRC) de EUROCONTROL.
ACTIVIDADES SOCIAIS
Actualmente é presidente de honra de APD Noroeste (Asociación para o Progreso da Dirección) e presidente honorario de AESPLAN (Asociación Española de Planificación e Dirección Estratéxica).
Foi presidente de AEGAMA (Asociación de Empresarios Gallegos de Madrid) ata 2011, e nese ano foi nomeado Presidente de Honra.
Ata xullo de 2006 foi presidente APD NOROESTE e vicepresidente de APD (nacional), ata xuño de 2003, presidente da Asociación Española de Estratexia e Planificación (AESPLAN) , fundador e primeiro presidente da Asociación de Antigos Colexiais do Colexio Maior Nebrija; vicepresidente de ANDOIAE (Asociación de Diplomados en Organización Industrial e Administración de Empresas) e Viceinterventor do Club Siglo XXI.
CONDECORACIÓNS: Está en posesión da Medalla de Prata de Galicia, da Gran Cruz da Orde do Mérito Aeronáutico e da Gran Cruz da Orde do Mérito Civil. En 1997 foi galardoado co Premio Claude I. Taylor do Instituto Internacional para a Formación en Xerencia Aeronáutica de Canadá. Desde febreiro de 2011 é Madrigallego de Ouro ao Mérito Empresarial.
Está casado e ten cinco fillos e nove netos.