
Currículum-Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago. -É Técnico Superior dun Organismo Autónomo do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, así como Técnico Superior Prevencionista.-Desenvolveu unha longa etapa dedicada á formación empresarial, como Xefe de Estudios dun Centro de Mandos de Empresa. Tamén exerceu a docencia na Univ. Complutense.-Como actividade complementaria, veuse dedicando á galeguidade da diáspora: así, é Promotor da Enxebre Orden da Vieira, que foi creada en 1967 e que actualmente conta con máis dun millar de membros, con proxección en 21 países. É cofundador da Asociación de Empresarios Galegos de Madrid (AEGAMA) e membro da súa Xunta Directiva; actualmente integra a máis de 400 empresarios e desde onde se iniciou a creación de FEGAEX. É cofundador da Asociación de Xuristas de Madrid (IURISGAMA)-Hoxe é membro da súa Xunta Directiva, que conta con cerca de 200 asociados. Colabora habitualmente coa maior parte das colectividades galegas en Madrid, que actualmente totaliza 15 asociacións.
Obras realizadasÉ coautor de máis de 30 libros editados pola Orden da Vieira, con distribución gratuíta. Entre eles cabe significar: A Galeguidade no Mundo (2ªedición).Galicia y la Comunicación.Galicia y la Universidad, etc. Colabora esporadicamente en distintos medios sobre temas relativos á galeguidade.
Outros datos de intereseRecibiu diversos recoñecementos de centros e colectividades galegas, significando a distinción de 'El Correo Gallego' entre os "Gallegos del Año 1995" ou o outorgado pola Xunta dunha das Medallas de Galicia no ano 2000.-Está casado.-Ten dous fillos. -Reside en Madrid dende 1965.