Bruno Villamor Gay


Data de Nacemento: 10 de novembro de 1978
 Currículum

FORMACIÓN:
-Titulado no Grao Superior na especialidade de Instrumentos da Música Tradicional e Popular Galega polo Conservatorio Superior de Música de Vigo.
-Titulado no Grao Medio LOGXE de Gaita polo Conservatorio Profesional de Música de Vilalba.
-Participante no “XII Curso de Folclore Galego” na especialidade de Pandeireta, 1994.
-Participante no “XIII Curso de folclore Galego” na especialidade de Baile  Tradicional, 1995.
-Participante no “XIV Curso de Folclore Galego” na especialidade de Técnicas de Gaita, 1996.
-Participante no “XV Curso de Folclore Galego” na especialidade de Baile Tradicional, 1997.
-Participante no “XXII Curso de Folclore Galego” na especialidade de Técnicas de Gaita, 2004.
-Participante no “XXIII Curso de Folclore Galego” na especialidade de Técnicas de Gaita, 2005.
-Participante no “XXIV Curso de Folclore Galego” na especialidade de Canto e Zanfona, 2006.

 Obras realizadas

EXPERIENCIA:
-Compoñente da Banda de Gaitas da Deputación Provincial de Lugo entre os anos 1987 e 1994.
-Compoñente do Grupo de Gaitas “Raíces da Nosa Terra” de Palas de Rei dende o ano 1990.
-Compoñente do Grupo de Gaitas de “Cántigas e Frores” dende o ano 1993.
-Profesor de Gaita e Percusión no Colexio Público “Divino Maestro”(Lugo) dende o ano 1996 ata o ano 2000.
-Compoñente fundador do Grupo “CALDALOBA” co que ten editado o disco “As Cores da Música” (Cia. Sons Galiza).
-Compoñente do Cuarteto Tradicional de Gaitas “Os Miñotos”, no que cabe destacar as Actuacións realizadas na escola de música Herri Musitaren Txokoa no Concello de Oiartzun (Guipúzcoa) con motivo do concerto de Primavera, e na Escola de gaita e tambor de Alberite (A Rioxa) na primavera de 2004.
-Profesor de gaita e percusión e director da Banda de Gaitas da Asociación Cultural “Cántigas e Frores” de Lugo, dende o ano 1994.
-Profesor de gaita e percusión na Asociación Xuvenil “Parafusa”, da parroquia de Nadela (Lugo), dende o ano 1998 ata 2001.
-Profesor de Técnicas de Gaita no “XVI Curso de Folclore Galego”, celebrado en Lugo na Semana Santa de 1998.
-Profesor de Gaita na Escola de Música  “Aulos”(Lugo), dende o ano 1998.
-Profesor de Técnicas de Gaita no “XVII Curso de Folclore Gallego”, celebrado en Lugo na Semana Santa de 1999.
-Profesor de Gaita, percusión e director da Banda de Gaitas na Asociación Cultural “Peleriños”(Sarria) dende 1999.
-Profesor de Gaita e percusión na Asociación de veciños do Barrio de Montirón (Lugo) dende o ano 1999 ata 2002.
-Profesor de Gaita, percusión, baile tradicional, director do grupo de cantareiras e director da Banda de gaitas na Asociación Cultural “Virxe da Cela” de Monfero (A Coruña), dende o ano 2000.
-Profesor de Técnicas de Gaita no “XVIII Curso de Folclore Galego”, celebrado en Lugo na Semana Santa do 2000.
-Profesor de Gaita na Escola de Música Municipal de Sarria dende novembro do ano 2000 ata setembro do ano 2002.
-Profesor de Técnicas de Gaita no “XIX Curso de Folclore Galego”, celebrado en Lugo na Semana Santa de 2001.
-Participou cos grupos Caldaloba e Os Miñotos en diversos concertos didácticos achegando a música tradicional galega a moitos institutos e colexios de toda Galicia. Cabe destacar a colaboración do cuarteto Os Miñotos co Excmo. Concello de Santiago nesta tarefa divulgadora dende 2001.
-Profesor de Gaita e Percusión Tradicional no Colexio “Veleiro Docampo” de Castro Ribeiras do Lea (Castro de Rei - Lugo) dende Outubro do 2001 ata xuño de 2003.
-Profesor de Técnicas de Gaita no “XX Curso de Folclore Galego”, celebrado en Lugo durante a Semana Santa de 2002.
-Membro da “Sociedad General de Autores y Editores”.
-Profesor de Gaita e Percusión na Asociación “Meigas e Trasgos” Cit de Sarria (Lugo) dende outubro de 2002 ata agosto de 2007.
-Profesor de Gaita e Percusión na Asociación “Penas de Rodas” da parroquia de Gaioso de Outeiro de Rei (Lugo) dende febreiro de 2003 ata agosto de 2005.
-Presidente do Xurado do III Concurso de Gaitas do País (Sarria, 28 de setembro de 2003) organizado pola Asociación “Meigas e Trasgos” Cit de Sarria.
-Director artístico da Asociación Cultural “Cántigas e Frores” dende o ano 2003, correndo ao seu cargo a organización de actos como a “Gala Homenaxe a “Os Montes” de Lugo, ou a “Gala 60 Aniversario”, ambas incluídas nos actos de celebración do 60 aniversario desta asociación.
-Profesor de Gaita e Percusión tradicional na Asociación Cultural “Mencer” de Castro Ribeiras do Lea (Castro de Rei-Lugo) dende xuño de 2003 ata 2008.
-Profesor de Gaita e director da Banda de Gaitas na Escola Municipal de Música de Meira dende Outubro de 2003.
-Presidente do Xurado do IV Concurso de Gaitas do País (Sarria, 25 de setembro de 2004) organizado pola Asociación “Meigas e Trasgos” Cit de Sarria.
-Profesor de Gaita e Música de Cámara no Conservatorio Profesional Municipal de Vilalba (Lugo) dende outubro de 2004.
-Participante nos Concertos 2005 da Banda Sinfónica da Terra Chá.
-Presidente do Xurado do V Concurso de Gaitas do País (Sarria, 17 de setembro de 2005) organizado pola Asociación “Meigas e Trasgos” Cit de Sarria.
-Profesor do Curso de Técnica e Interpretación de Gaita Galega impartido no Conservatorio Profesional de Música de Ourense durante os días 18 e 19 de abril de 2006.
-Profesor da actividade extraescolar “Instrumentos da música tradicional galega” no Colexio de Baamonde por iniciativa do Concello de Begonte durante o curso escolar 2007-2008.
-Profesor de percusión tradicional galega no Colexio Fingoi de Lugo durante o curso escolar 2007-2008.
-Profesor de gaita e percusión tradicional galega na Escola de Música e Baile tradicional do Concello de Becerreá dende o ano 2007.
-Profesor do curso “Os ritmos tradicionais galegos no ensino da música e da educación física” que formou parte do Curso de Verán “Música e Danza na Educación” organizado pola Universidade de Santiago de Compostela do 14 ao 17 de xullo do ano 2008.
-Profesor de gaita e requinta na Tradescola, escola de música e baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos.
-Socio da “Asociación de Gaiteiros Galegos”.
 

GRAVACIÓNS:
-CD “ As Cores da Música” co grupo CALDALOBA. Sons Galiza.
-CD “Raíces y Tradiciones” co grupo “Cántigas e Frores” de Lugo, editado pola “Federación Española de Agrupaciones de Folklore”
-CD “XIII Constantino Bellón” con varios autores.
-CD “XVI Constantino Bellón” con varios autores.
-CD I Certame de Gaita “As Mariñas de Betanzos” con varios autores.
-CD “XVII Constantino Bellón” con varios autores.
-CD “XVIII Constantino Bellón” con varios autores.
-CD “Trece lúas” editado pola Asociación de Gaiteiros Galegos.
 
COLABORACIÓNS:
-CD “Mira como veño” co grupo Cantatí.
 
PUBLICACIÓNS:
-Coautor do libro “A Evolución da Música Tradicional Galega”, editado polo Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago de Compostela dentro da colección “Papeis de Educación”.
-Artigo “Cántigas e Frores”, publicado na revista Etno-Folk no seu 3º número. Ed. Dos Acordes.

 Outros datos de interese

PREMIOS:
Como membro de Caldaloba
-Gañador do concurso de grupos de música folk “Galicia SonsFolk 98”.
Como solista
-2º Posto no II Concurso de Gaitas do País (Sarria, 25 de agosto de 2002) no apartado de Gaiteiros Solistas organizado pola Asociación “Meigas e Trasgos”, Cit de Sarria (Lugo).
-Finalista do XIII Concurso de Gaita “Constantino Bellón” organizado polo Ateneo Ferrolán, celebrado o 31 de agosto de 2003 en Ferrol.
-Accésit no XVI Concurso de Gaita “Constantino Bellón” organizado polo Ateneo Ferrolán, celebrado o 31 de agosto de 2006 en Ferrol.
-Finalista do I Certame de Gaita “As Mariñas de Betanzos” organizado pola Concellería de Xuventude e Normalización Lingüística do concello de Betanzos, celebrado o 16 de maio de 2007.
-Finalista do XVII Concurso de Gaita “Constantino Bellón” organizado polo Ateneo Ferrolán, celebrado o 31 de agosto de 2007 en Ferrol.
-Accésit no XVIII Concurso de Gaita “Constantino Bellón” organizado polo Ateneo Ferrolán, celebrado o 31 de agosto de 2008 en Ferrol.