Benxamín Vázquez González


Pseudónimo:B. Carballiño e Xoán Sieiro
Categoría: Escritor e xornalista
Data de Nacemento: 3 de agosto de 1943
Lugar de Nacemento: O Carballiño (Ourense)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

-Cursou estudios de Dereito na Universidade de Oviedo (1961-65). Graduouse en Xornalismo pola Escola Oficial de Xornalismo en Madrid en 1969, cun traballo de investigación histórica titulado "Pablo Iglesias, político y periodista". -No 68 obtivo en Madrid o diploma do "I Curso para Directores de Grupos teatrais". -Ten convalidados os seus estudios da E.O.P. polos da Licenciatura en Ciencias da Información (rama Periodismo) pola Complutense de Madrid. -En 1969 ingresou no cadro de persoal de "El Ideal Gallego" como delegado en Santiago. Tamén foi correspondente do diario "Ya" e da Axencia Logos. -A comezos do 81 deseñou a revista Outeiro, de Caixa Galicia onde publicou a sección fixa de testemuños, "Páxinas abertas". -Dirixiu diversos gabinetes de prensa. -No 82 encargouse dos servicios informativos da visita de Xoán Pablo II a Galicia. Foi director-xerente da Fundación "Araguaney" (1984-85). A partir de xullo do 85, director de programas da productora de vídeo profesional CTV. -En 1993, redactor do Consorcio da Cidade de Santiago. -Encargouse no verán do 94 da dirección do espacio da TVG, "Galicia enteira". Desde outubro do 97 é director adxunto do programa "Galeguidade" da TVG, dedicado á Galicia exterior.

 Obras realizadas

-Autor das guías Descubre Compostela, editadas polo Consorcio de Santiago, sobre as fontes, os capiteis, as estatuas e as gárgolas desta cidade. -Publicou en galego o relatorio "Os medios de comunicación en Galicia ante a autonomía", no libro Autonomía i mitjans de comunicació que recolle as actas da XVII Setmana D'Estudis Sociais (Barcelona, 1981). -Foi guionista e director, entre outros traballos audiovisuais, da serie documental "Galicia inédita", que consta de 148 reportaxes; de 26 programas divulgativos titulados "Saúde e consumo"; do concurso "A Reoca" (2ª etapa, co seudónimo Xoán Sieiro), e coordinou o espacio xuvenil "Saber e Xogar".

 Outros datos de interese

A Etnografía e a Historia da Arte en Galicia son as súas principais afeccións.