É Profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago de Compostela.
Traballou na radio en Madrid e fundou unha empresa de dobraxe en Vigo. Foi xuíz substituto. Guionista habitual, leva realizado medio cento de documentais por toda Galicia para empresas e institucións. Ten impartido, ó longo dos últimos 18 anos, moitas materias no eido da comunicación comercial.
Ademais de colaboracións xornalísticas, conta cunha ducia de publicacións entre a narrativa e a poesía. En 2012 acadou o primeiro premio do XXXVIII Certame Literario do Concello de Vilalba polo seu poemario Quenda da Catividade.
Estuda Teoloxía, e preside unha Fundación.
Amante do vento, pero só na música, gusta do jazz, o cine e a horticultura.