Benito Losada Astray


Categoría: Médico e poeta
Data de Nacemento: En 1824 (†En setembro de 1891)
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
 Currículum

Tras licenciarse en Medicina entrou no Corpo da Sanidade Militar. Afiliouse ó partido republicano e unha vez xubilado do seu posto de médico militar dedicouse á creación literaria.

 Obras realizadas

Dentro da súa creación literaria cabe destacar Poesías (1878), Soazes d’un vello (1886), a lenda Afrenta, daga y venera, a novela Por un retrato e Contiños (1888), que son composicións de carácter costumista no que recolle costumes aldeáns, festas, romarías e paisaxes.