Debe á súa avoa, o seu amor pola pintura e pola arte en xeral. Encantáballe vela pintar e mirar e "remirar" os seus libros de arte.
Sempre foi unha apaixoada do debuxo, a pintura e as artes plásticas, recibindo diversos premios durante a súa infancia e xuventude.
Ainda que se licenciou en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Palma de Mallorca en 1985, e traballou como profesora de bioloxía e ciencias naturais nun colexio da súa cidade natal, sempre conservou a súa inquedanza polo mundo da arte.
Comezou a pintar de xeito autodidacta, como un 'hobby' pero pronto sentiu a necesidade de formarse, polo que acudiu a clases de pintura en 'La Academia' da Fundación ARAUCO (Arte y Autores Contemporáneos). Recibiu ensinanza de dous grandes pintores Cristian Avilés e Carlos Vega.
Máis tarde en 2003, incorpórase ás clases do Mestre Guillermo Muñoz Vera, un dos máximos expoñentes do realismo contemporáneo a nivel mundial. Dende entón sigue pintando, aprendendo e investigando, no que é a súa verdadeira paixón e vocación: A Pintura.
EXPOSICIÓNS
2003. Fundación Arauco. Colectiva. Madrid.
2004. Fundación Arauco. Colectiva. Chinchón.
2005. Fundación Arauco. Colectiva. Chinchón.
2005. Realismo. Colectiva. Galería Alexandra Irigoyen. Madrid.
2006. Colectiva de Nadal. Galería Alexandra Irigoyen. Madrid.
2006. Casino Ferrolano. Individual. Ferrol.
2007. C.N.O. Colectiva. Ferrol.
2008. Individual. O Parrulo. Ferrol.
2008. Colectiva. Sala Mississippi. Madrid.
2008. Colectiva. Fundación Arauco. Madrid.
2012. Colectiva. Asociación de Artistas de A Coruña.
2012. Colectiva. Museo EXPONAV. Ferrol.
2012. Colectiva. Jardín Botánico de Culleredo. A Coruña.
2012. Colectiva. Sala Paramés. Ferrol.