Roberto Blanco Torres


Pseudónimo:'Cirilo de Crespo' nas súas publicacións na revista Alborada.
Categoría: Periodista, activista político
Data de Nacemento: 18 de marzo de 1891 (†2 de outubro de 1936)
Lugar de Nacemento: Santa María dos Baños de Cuntis (Pontevedra)
 Currículum

Era o máis novo de dez irmáns. O seu pai ensinoulles Latín e unha certa educación humanista, o que sería determinante na súa obra. Cando quedou orfo de pai e nai emigrou a Cuba a principios de 1907, onde vivían xa algúns dos seus irmáns. En La Habana coñeceu a Basilio Álvarez e as súas ideas impresionárono fortemente sumándose así á causa do agrarismo. En 1922 trasladaría a súa residencia a Ourense e ocuparía a xefatura de redacción de La Zarpa, fundado por Basilio Álvarez. Participou nas Asembleas das Irmandades da Fala celebradas en Lugo (1918), Compostela (1919), Vigo (1921) e Monforte (1922). En 1926 casou en Vigo con Julia Sánchez Novoa. Pola súa actividade política contraria ó réxime político da época foi asasinado en 1936.

 Obras realizadas

Con respecto á súa producción literaria, podemos dicir que Orballo da media noite (1929) foi a única obra de Roberto Blanco Torres. Sen embargo, en Cuba publicou tamén no ano 1910 un poema na revista Suevia titulado Anacos. Así mesmo nos seus anos de colaboración no periódico A Nosa Terra publicou algúns poemas como Panteística, Diante da Natureza, A Manuel Antonio (con motivo da súa morte) e algúns artigos de crítica literaria. Os seus restantes traballos centráronse no campo do periodismo, no que realizou un fantástico labor. O seu primeiro artigo foi publicado en Vigo no periódico El Noticiero. En Cuba colaborou nas revistas e periódicos máis importantes da emigración como Follas Novas, Galicia, Galicia Gráfica, Santos e Meigas, Suevia e Eco de Galicia. Ó volver a Galicia en 1916 continúa coa súa producción periodística colaborando en periódicos como El Ideal Gallego, Gaceta de Galicia e Vida Gallega. Entre os anos 1917 e 1931 colaborou en A Nosa Terra publicando artigos de carácter político e social.

 Outros datos de interese

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 1999.