Anxo, fillo de labregos, naceu no lugar de Sandiás de Vilaúxe (Chantada). Tras unha formación de FP da rama de explotacións agropecuarias, cursou estudos de Bacheralato en Chantada, licenciándose en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Tras residir uns anos en Viveiro e Vicedo, desde o ano 1994 exerce a abogacía na vila de Chantada onde se quedou a vivir.
Na súa xuventude foi varias veces premiado entre outro pola A.C. lumieira por unha obra de teatro titulada “Traxicomedia de Luis e Margarita” (1976) e polo Circulo Recrativo e Cultural de Chantada por “Nadal Tráxico”, tamén de teatro e no mesmo ano (1976).
Tras moitos anos lonxe dos círculos literarios, e xa na súa madurez, gana no ano 2001 o V certame “Xohán de Requeixo” polo poema “As árbores das idades” e no ano 2011 o IX premio de xornalismo “Moncho do Pio” por un artigo sobre a muller traballadora da Ribeira Sacra.
Na actualidade colabora en actos poéticos, libros e revistas colectivas, principalmente no eido da poesia.
POESÍA:
“As árbores das idades”
“Poemas para unha alma ferida” (2016)
“Corenta Sonetos de Amor e Conforto” (2017)
“Déixame a lúa acesa” (2019)
NARRATIVA:
“As cousas do Fuco” (2016)
TEATRO:
“Traxicomedia de Luis e Margarita” (1976)
“Nadal tráxico” (1976)
“O tio pepe da Veiga” (1979)
“O can que fala” (2018).