Ánxela Loureiro Fernández


Categoría: Escritora
Data de Nacemento: 1 de marzo de 1956
Lugar de Nacemento: Ferrol - A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

-Mestra de E.X.B. coas especialidades de Educación Musical, Sociais, Lingua española e Lingua Inglesa.

 Obras realizadas

-Autora da novela Laia, a nena da illa de Edicións Xerais. (Finalista do premio Merlín de literatura infantil). -Autora da novela infantil Viaxe de ida e volta de Edicións Xerais. -Autora do libro Cancións para o ano de Edicións Xerais. -Coautora dos libros de texto Nobelos de Papel, de Edicións Xerais. -Colaboradora dos libros de texto Música 3, Música 4, Música 5 e Música 6 de Edicións S.M. -Colaboradora dos libros de texto As nosas cancións I e II, Música para todos I e II de Edicións Música para todos. -Traductora dos cadernos do Ateneo Ferrolán: Os Ateneos ferroláns na súa historia e O Ateneo. Recuperación dun patrimonio histórico-artístico. -Autora de numerosas cancións e contos recollidos nos libros de Cantareliña e As nosas cancións de Edicións Música para todos. -Coordinadora e arranxista musical do disco "Cancións para o ano" do Grupo Saraibas. -Intérprete con voz solista e percusión nos discos "Camiño Longo" e "Cancións para o ano" así como nas cintas que acompañan ós libros de Música de Edicións S.M. do grupo Saraibas. -Pertenceu ós colectivos educativos: Xirimbao, Brétema e Atril. -Realizou un traballo de investigación Recompilación e clasificación de cancións galegas para nenos. Creatividade musical na escola. Subvencionada pola Consellería de Educación. -Autora de varias obras de teatro infantil: Ollo hai lurpios na horta (1º premio do Ateneo Ferrolán), ¿Onde están os Bule-bule? e Antroidadas becados pola Consellería de Cultura. -Guionista de A familia Solfa (Subvencionada pola Consellería de Cultura). -Dirixiu varios coros infantís dos que destacan o grupo "Ledicia" de Caranza e "Trasnos" de Balón. Na actualidade traballa na recuperación dos xogos populares desde o seu colexio. Coordina un proxecto europeo Comenius con ese obxectivo e está iniciando un Museo Do Xogo no seu Centro de Traballo.