Ánxela Gracián


Categoría: Escritora
Data de Nacemento: 1 de marzo de 1968
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciada en Filoloxía Hispánica, subsección galego-portugués, Universidade de Santiago de Compostela (1987-1992).
Diplomas: “Estudios Portugueses”, Facultade de Letras de Lisboa (1990), “Simposio Álvaro Cunqueiro”, Universidade de Santiago de Compostela (1991), “Álvaro Cunqueiro e a Cultura Europea”, Universidade de Santiago de Compostela (1991), “II Congreso de Expresión e Arte”, Deputación Provincial de Lugo (1991) e Certificado de Aptitude Pedagóxica, Universidade de Santiago de Compostela (1992).
Congresos e seminarios: “Seminario de Escrituras Poéticas en la España de Hoy”, Fundación Duques de Soria (1994), “Vicente Risco”, Consellería de Cultura (1995), “Rafael Dieste”, Consellería de Cultura (1995), “A literatura de Emilia Pardo Bazán”, Universidade de Santiago de Compostela (1995), “II Seminario da Cultura Portuguesa no sul do Brasil”, Centro de Estudos Etnográficos (1996), “Ánxel Fole”, Consellería de Cultura (1997), “Congreso Internacional de Terminología”, IVAP (1997), “Anovadores de Nós. Anosadores de Vós. I Congreso Internacional de Estudios de Tradución e Interpretación”, Universidade de Vigo (1998), “II Encontro para a Normalización Lingüística”, Consello da Cultura Galega (1998), “O Mar das Cantigas”, Consellería de Cultura (1998), “Taller de Guionistas de Ficción”, División Audiovisual. Grupo voz (1999) e “VIII Conferencia Internacional de Linguas Minoritarias”, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (2001).

Desde 1996 ata a actualidade é tradutora do Servizo de Tradución da Xunta de Galicia.
Tradutora literaria en diferentes editoriais, tamén colabora como profesora en cursos de iniciación, perfeccionamento e especialidade da Lingua Galega tanto en Galicia como nos centros galegos do estranxeiro (dende 1993 ata a actualidade).
Experiencia noutras universidades: Estadía na Universidade Católica de Pelotas (Brasil), Programa Intercampus (1996).
Participacións en congresos: “O tratamento dos seres míticos tradicionais na LIX galega”, Narrativa e Promoción da Lectura no Mundo das Novas Tecnoloxías, Xunta de Galicia (2002); e “Narradores que traducen a narradores”, Congreso Internacional de Tradución da Literatura Infantil, Vigo (2004).

 Obras realizadas

Publicacións: “Cos petos cheos de cinza”, Editorial Everest Galicia, S.L. (1998), “As bolboretas douradas”, Editorial Sotelo Blanco Edicións, S.L. (1999), “Eu tamén fun peliqueiro de Laza”, Editorial Everest Galicia, S.L. (2001), “2000 exercicios de galego tipo test para opositores”, Edicións do Cumio, S.A. (2001), “Narradoras (antoloxía colectiva)”, Edicións Xerais de Galicia, Colección Peto (2001), “Longa Lingua (antoloxía colectiva)”, Edicións Xerais de Galicia (2002), “Chis chisgarabís”, Editorial Tambre Edelvives (2004), (Escollido pola Rede de selección de libros infantís e xuvenís da biblioteca Germán Sánchez Ruipérez), “A toupiña cegarata”, Editorial Galaxia, S.A. col. Árbore, serie azul (2005), “Nun lugar chamado laberinto”, Editorial Tambre Edelvives, col. Ala Delta, serie azul (2006) (White Ravens) e “Ogra Pinta” en “Contos de Ogras, Aventuras e Piratas”, Colección Lagarto Pintado, Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural - Consellería de Cultura e Deporte, Xunta de Galicia (2006).
Traducións: “Memorias de Hadrián” de Marguerite Yourcenar, Edicións Positivas (1999), “Ciclo bis” de David Durán, Sotelo Branco (2000), “O trasno da catedral de Santiago” de Luisa Villar Liébana, Editorial Edelvives (2003), “As fontes do destino” de Blanca Álvarez, Editorial Tambre-Edelvives (2003), “O mundo de papá” de Elvire Murail, Editorial Tambre-Edelvives (2004), “As seitas”, publicado en BIVIR (2004), “A illa misteriosa” (Biblioteca BIVIR - pendente de publicación) (2005), “Contiños de nenos negros para rapaces brancos” (Biblioteca BIVIR - pendente de publicación) (2005), “La estrella de siete puntas” de Xosé A. Neira Cruz, Grupo Anaya S.A. (2005), “La sombra descalza de An Alfaya”, Grupo Anaya S.A. (2006), “Miguel Strogoff” (Biblioteca BIVIR -pendente de publicación) (2006) e “A balada do mar salgado” de Hugo Pratt, Editorial Galaxia (2006).

 Outros datos de interese

Premios: Certame Literario Ólisbos, convocado pola Comisión Cultural de Filoloxía (1990); e Premio de Investigación Xohana Torres, Concello de Santiago (1995).