Antonio Seijas Cruz


Categoría: Ilustrador e caricaturista
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

É licenciado en Historia da Arte, Universidade de Santiago de Compostela (1994-1998). Colaborou na revista Golfiño de La Voz de Galicia ó longo de 2003. Ilustrou a revista Murguía e contribuíu ó catálogo da VII Bienal da Caricatura de Ourense en 2004. Debuxou para o libro ‘Dos avogados e da xustiza, no sentir popular’ de Alberto Pascual e foi seleccionado como finalista no certame ‘Na Vangarda-Banda Deseñada’ da Xunta de Galicia (2004). Participou no libro homenaxe a Joan Manuel Serrat (de edición de exemplar único), con autores como Forges, Cels Piñol ou Xaquín Marín. Fixo tiras cómics en 2005 para a revista infantil ‘Iguana’ (Arizona, Estados Unidos). No apartado de exposicións, participou na ‘Memoria do humor’ e na itinerante ‘Humor Crú’, ambas do Museo do Humor de Fene, así como na exposición dos premios Curuxa e tamén na mostra ‘Convivindo con José Craveirinha’. Obras súas tamén se teñen incluído na exposición ‘Can de palleiro’ da Asociación Galega de Profesionais da ilustración (AGPI). Realizou a arte gráfica para o álbum ‘Firebird’ do grupo noruego Gazpacho.

 Obras realizadas

No 2005 un cómic exposto no Salón do Cómic da Coruña “Viñetas desde o Atlántico”, e dous cómics na XVII edición das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense.

Publicacións: Catálogo “Viñetas desde o Atlántico 2005”, e ilustracións para a revista “Más Allá”.

 Outros datos de interese

Premios e distincións:
2º Premio no concurso de cómic da revista cultural ferrolá ‘Desafío’ (1994); Accésit no concurso de BD ‘O Alfaiate’ (A Coruña 2004); premio no VII Concurso de Caricaturistas Noveis dentro da VII Bienal de Caricatura de Ourense (2004); finalista do concurso de cómic da Xunta de Galicia ‘Na Vangarda 2004’; accésit no VII Concurso de Cómic ‘Alcazul Tomelloso’ (2004); 2º Premio no concurso de BD ‘O Alfaiate-Empuje.net’ (A Coruña 2005); 1º Premio no concurso de cómic ‘Ciudad de Dos Hermanas’ (Sevilla 2005); 3º Premio no concurso de cómic ‘Mari Puri Express’ do concello de Torrejón de Ardoz (2005); 2º Premio no X Certame de banda deseñada de Arteixo (2005); Gañador do Primeiro certame de Relatos Curtos Ilustrados, organizado por Espacio Sins Entido - Escuela De Letras (2005); Finalista do Primeiro certame de cómic Castelao organizado pola Deputación da Coruña e Miguelanxo Prado (2005) e finalista do concurso de cómic da Xunta de Galicia “Na Vangarda 2005”.