Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Univ. de Santiago en 196. Especialista en Psiquiatría en 1970, formándose cos Profesores Villamil e Cabaleiro. Leu a súa Tese de doutoramento en 1973, sobre "Relacións entre as imaxes parentais e as tendencias agresivas nos adolescentes", dirixida polo Profesor Barcia Salorio. Profesor adxunto de Psicoloxía Médica da Univ. de Santiago en 1979-Profesor agregado de Psiquiatría da Univ. de Córdoba en 1983, pasou a Catedrático da mesma Universidade no mesmo ano e gañou, por concurso de méritos, a Cátedra de Santiago en 1986, que ocupa ata hoxe. Leva publicados 10 libros, 58 capítulos en libros e arredor de 100 traballos en revistas da especialidade de psiquiatría. Presentou así mesmo máis de 350 relatorios e comunicacións a Congresos e Reunións nacionais e internacionais e dirixiu 17 Teses de Doutoramento. É membro da Comisión Asesora en Saúde Mental da Consellería de Sanidade da Xunta. Membro correspondente estranxeiro da Societé Médico-Psychologique de París e da New York Academy of Sciences. Elixido recentemente Académico da Real Academia de Medicina de Galicia.
Drogodependencias (5 tomos); Servicio de Publicacións da Universidade de Santiago. Asistencia psicogeriátrica y Antropológica cultural. Menarini. Barcelona, 1996. Estudio de epidemiología psiquiátrica en la comunidad gallega. Xunta de Galicia. Interacción psicosomática na clínica de atención primaria. Xunta, 1996. Adolescentes galegos. Indicadores de risco dos comportamentos disociais. Xunta, 1996Psiquiatría transcultural (monografía). Aula Médica, 1996. É xefe de servicio de Psiquiatría do Hospital Xeral de Galicia, desde 1983.É Director do Departamento universitario de Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública desde 1986 á actualidade.
Na súa xuventude creou e dirixiu en Escairón, o seu pobo natal, un grupo de teatro afeccionado, co que desenrolou unha intensa actividade de promoción dun teatro popular non só en Escairón senón en toda a provincia de Lugo entre 1969 e 1975.