Carlos Platero Fernández


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 1932
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

-Carlos Platero Fernández chegou ás Illas Canarias en 1949, e dende 1953 reside nas Palmas de Gran Canaria. -Escritor e publicista sobre temas canarios e galegos preferentemente. O seu espírito curioso e viaxeiro levouno a coñecer todo o territorio español, recorreu as terras africanas do Sáhara Occidental e Europa de cabo a rabo. -Sinte un amor profundo polas culturas e as tradicións de Galicia e de Canarias, o que se reflicte, por un lado nun variado labor de divulgación e incluso recreación do pasado canario; e doutro, nun empeño de dar a coñecer en Canarias aspectos da cultura galega, de xeito especial aqueles que signifiquen un nexo ou un paralelismo entre ambos países. No transcurso dos últimos corenta anos foi director de "Aturuxo", a revista anual da Casa de Galicia das Palmas, colaborador da prensa local con máis de 500 artigos ou reportaxes diversas, así como, de forma esporádica en diversas revistas, na prensa galega e outras publicacións, tendo mantido durante algún tempo programas radiofónicos en distintas emisoras insulares.

 Obras realizadas

Entre as súas obras xa publicadas de tema galego: Un episodio de los tiempos celtas (As Palmas 1969) Gallegos en Gran Canaria (Santiago 2000) e de tema canario De la historia de Canarias(As Palmas 1969), Mis exploraciones canarias(As Palmas 1970) La historia de Canarias en episodios (As Palmas 1971) ...De la isla redonda, cuentos (Bilbao 1973), El cine en Canarias (As Palmas 1981), Los apellidos en Canarias (As Palmas 1982), Calles de Las Palmas (As Palmas 1998), Nuevo nomenclator callejero de Las Palmas de Gran Canaria e Las Cabalgatas de Reyes en Las Palmas. Outras obras deste autor, unhas pendentes de publicación, outras rematadas, inéditas no seu conxunto pero das que polo xeral se estiveron facilitando amplos e variados retazos na prensa e en diversas revistas e boletíns, son: Un señor de Villardeferreiros, Apócrifo virrey del Perú; Guatatiboa sobre gastronomía canaria de tódolos tempos; Santa Catalina, historia dunhas ermidas e dun barrio palmense; Perfiles isleños, comentarios radiofónicos; Andar, ver y conocer Gran Canaria; Usos y costumbres de los aborígenes canarios; Los aborígenes en las cinco Crónicas de la Conquista de Gran Canaria; Diez temas canarios; Entre la historia y la leyenda; Tradiciones canarias; Gando; La Radio en Canarias; Comas Quesada y yo; Salvago y su ermita; La pequeña historia sobre a Alcaldía e os Alcaldes nas Palmas; Raíces Canarias; Memoria canaria; La isla de cristal y otros cuentos; Los cuentos de Carlos Platero; las novelas cortas El amor y el odio están en la cueva; Tenagua o la Casa del Cañaveral e La torre del odio do medievo galego; así como as monografías Escaleritas historia desta barriada da Cidade Alta palmense, La calles de Escaleritas nomenclátor da mesma e De la fonda al hotel, historia dos primeiros aloxamentos hoteleiros das Palmas. Mención especial merecen dous libros deste documentalista, inéditos: Siete temas gallegos, con curiosidades histórico-lexendarias e artísticas de Galicia (De celtas y comics - El ciclo artúrico o asturiano - San Antolín de Toques y su excepcional Calvario - El curato de Ponte Arcediago - La batalla de Porto de Bois - García de Remesil y la Torre de Sanxurxo y Carlomagno y Galicia) e Parolando, textos de conferencias impartidas en Canarias sobre temas galegos.

 Outros datos de interese

Carlos Platero Fernández desexa que a través do Correo Postal contacten con él editores e distribuidores interesados na publicación da súa obra: C/Juan Rodríguez Quegles, 35-1º. 35011. Las Palmas de Gran Canaria.