María Barcala Porto


Pseudónimo:María Barcala
Categoría: Actriz
Data de Nacemento: En 1957
Lugar de Nacemento: Vila de Cruces (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Co-directora da Compañía Teatro do Atlántico (Culleredo - A Coruña, creada en 1985), ten traballado coas seguintes compañías teatrais: Teatro da Mari-Gaila, Teatro do Noroeste e Itaca Teatro (Santiago de Compostela), Teatro Guirigai (Madrid) e Centro Dramático Galego (Santiago de Compostela).

 Obras realizadas

ESPECTÁCULOS TEATRAIS NOS QUE TEN PARTICIPADO:
-2004: ‘O encoro’, de Conor McPherson, para Teatro do Atlántico, no papel de ‘Valerie’.
-2002-2003: ‘Pervertimento’, de Sanchis Sinisterra, para Teatro do Atlántico, no papel de ‘Ludovina’, ‘Ecos e voces dun tempo e dun país’, Recital Poético de varios autores para Teatro do Atlántico e ‘Vanzetti’, de Luís Araújo, para Teatro do Atlántico (deseño de vestiario e axudanta de dirección).
-2001: ‘Rosalía’, de Otero Pedraio, para o Centro Dramático Galego, no papel de ‘Rosalía’.
-2000: ‘Sólo para Paquita’, de Ernesto Caballero, para Teatro do Atlántico, no papel de ‘Paquita’.
-1999: ‘O cerco de Leningrado’, de Sanchis Sinisterra, para Teatro do Atlántico, no papel de ‘Natalia’.
-1998: ‘Vellos tempos’, de Harold Pinter, para Teatro do Atlántico, no papel de ‘Anna’ e ‘Memoria de Antígona’, de Quico Cadaval e Xabier Lama, para o Centro Dramático Galego.
-1997: ‘O bufón do rei’, de Vicente Risco, para o Centro Dramático Galego, no papel de ‘Raíña’, ‘O peregrino errante que cansou ó demo’, de Xabier Lama, no papel de ‘A Chafarisa’ e outros e ‘LISÍSTRATA, ou de cando as mulleres reviraron’, de Aristófanes en versión de Manolo Guede e Eduardo Alonso, para o Centro Dramático Galego, no papel de ‘Praxágoras’.
-1996: ‘Como en Irlanda’, de J.M.Synge - A.Vilar Ponte, para o Centro Dramático Galego.
-1995: ‘Casa de Bonecas’, de Henrik Ibsen, para Teatro do Atlántico, no papel de ‘Nora’ e ‘Tolos de amor’ (Sam Shepard), Teatro do Atlántico, no papel de ‘May’.
-1994: ‘A fiestra valdeira’, de Rafael Dieste, para o Centro Dramático Galego, axudanta de dirección.
-1993: ‘Non se chora’(Roberto Cossa), Teatro do Atlántico, papel de ‘Lola’.
-1991-92: ‘Ocasos’, sobre textos de Manuel Lourenzo e Marguerite Yourcenar, para Teatro do Atlántico. Codirectora e intérprete. Pola súa interpretación de ‘Clitemnestra’ recibe o Premio Compostela á mellor interpretación feminina en papel protagonista no ano 1992, ‘Rei Lear’ (W.Shakespeare) Teatro do Noroeste, no papel de ‘Cordelia’ e intérprete de ‘Gerda’ en recitais poéticos e dramatizacións sobre textos de Álvaro Cunqueiro.
-1990: ‘Historia de Neera’, de Roberto Salgueiro para Teatro do Atlántico, no papel de ‘Neera’.
-1989: ‘Liberdadee Bremana’, de R.W. Fassbinder, para Teatro do Atlántico, no papel de ‘Gueeshe’.
-1988: ‘Eu, Gulliver Ferreiro’, de Celso Emilio Ferreiro, Recital Poético, para Teatro do Atlántico.
-1987: ‘Quartett’ (Heiner Müller) para Teatro do Atlántico, no papel de ‘Marteuill’.
-1986: ‘A noite vai coma un río’, de Álvaro Cunqueiro, para o Centro Dramático Galego, no papel de ‘Dona Inés’, ‘A marabillosa historia de Marly, a vampira de Vila de Cruces’, de Carlos Queiroz Telles, no papel de ‘Marly’.
-1985: ‘El enésimo viaje a Eldorado’ de Agustín Iglesias, para Colectivo Teatral Guirigai, ‘Una mujer sola’, de Darío Fó, para Colectivo Teatral Guirigai e ‘La Bella y la Bestia’, versión de Antonia Bueno, para Colectivo Teatral Guirigai.
-1984: ‘Woyzeck’, de G.Büchner, para o Centro Dramático Galego.
-1983: ‘A noite das Tríbades’, de Per Olov Enquist, para Teatro da Mari-Gaila, no papel de ‘Siri von Hessen Strindberg’.
-1982: ‘Acto cultural’, de J.I.Cabrujas, para Teatro da Mari-Gaila, no papel de ‘Purificación Chocano’.
-1981: ‘Ensaio festivo para unha marcha fúnebre’, de Griselda Gambaro, para Teatro da Mari-Gaila, axudanta de dirección.
-1980: ‘O agnus dei dunha nai’, de Dorotea Bárcena, para Teatro da Mari-Gaila, no papel de ‘A filla’.

TRABALLOS NO SECTOR AUDIOVISUAL:
-1983: ‘Rosalía’, protagonista neste espacio dramático producido por TVE con motivo do Centenario de Rosalía de Castro e ‘Divinas Palabras’, longametraxe dirixida por García Sánchez.
-1988: ‘Café Bremen’, protagonista nesta longametraxe dirixida por Antonio Francisco Simón para Corazón Negro e CORAZÓN NEGRO e ‘Aire Fresco’, protagonista neste espacio dramático realizado por Manolo Abad para TVG, con guión e dirección de Euloxio Ruibal.
-1989: ‘Un café de ollos verdes’, medio metraxe con guión de Lino Braxe e dirección de Antonio Francisco Simón.
-2000-2001: ‘Rias Baixas’, intérprete de ‘Isabel Losada’ neste serial de TV dirixido por Jesús Segura para ZENIT MULTIMEDIA.
-2004: ‘As leis de Celavella’, serial de TV producida por VIDEO VOZ.

APRENDIZAXE TEATRAL:
Traballo continuado de formación, participando en cursos e seminarios con especialistas en diversas materias teatrais:

INTERPRETACIÓN:
-Natalia Zvereva, interpretación e adestramento actoral arredor de ‘O xardín das cerdeiras’, de A, Chejov.
-Albert Boadella, o actor como creador.
-Martín Adjemián, interpretación actoral.
-Eduardo Puceiro, método Stanislavsky.
-María Ruiz, seminario de interpretación arredor de ‘Macbeth’ (W. Shakespeare)
-Augusto Fdez., tres seminarios traballando textos de Shakespeare, Ibsen e Chejov.
-José Sanchis Sinisterra, o actor como dramaturgo.

TRABALLO CORPORAL:
-Nikolai Karpov, traballo corporal do actor.
-Judith Wainer, expresión corporal, ximnasia do actor.
-Carlos Neira, traballo corporal do actor.
-Linda Morrison, danza.

TRABALLO VOCAL:
-Irina Promptovna, escola rusa.
-Jesús Aladrén, escola madrileña.
-Paco Martínez Barreiro, dicción galega e traballo de texto teatral.
-Mª Teresa Villar Álvarez, dicción galega e traballo de texto teatral.

ESPACIO TEATRAL:
-Francisco Nieva, escenografía e espacio teatral a través da historia.