Abel Ramón Caballero Álvarez


Categoría: Alcalde de Vigo
 Currículum

No plano académico, Abel Caballero é doutor en Economía polas Universidades de Cambridge e de Santiago de Compostela. Master de Economía pola Universidade de Essex, desenrolou a súa labor coma docente en diversas universidades españolas e europeas. Na actualidade, é catedrático de Teoría Económica da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo.

 

 Obras realizadas

 
Abel Caballero conta cunha ampla traxectoria política que comezou a cimentar desde moi mozo en chave de firme compromiso co socialismo. No período comprendido entre 1985 e 1987 foi Ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións. Así mesmo foi deputado no Congreso ata 1997, ano no que abandonou as Cortes para presentarse coma candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta de Galicia. Desenrolou a súa actividade coma deputado autonómico ata 2001, ano no que reincorporouse ás actividades docentes.
 

 Outros datos de interese

No seu dilatado currículum, e en coherencia coa estreita relación que sempre mantivo con Vigo e o mar, tamén hai que destacar o título oficial da Mariña Mercante.
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo en 2005-2007, Abel Caballero completa esta inxente actividade vital coma autor de numerosos libros tanto no ámbito literario coma profesional. Colaborador de diversas revistas científicas, participou na elaboración de distintos proxectos de investigación relacionados co transporte e o seu impacto económico no eixo Atlántico.